Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Fragmentos

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

Imagen
Cada semana desde noviembre, incansable, Kunszer iba a visitar al padre, con sus vituallas y su champán. Y comía con él, para asegurarse también de que se alimentaba. De su cocina seguían emanando olores deliciosos, porque el padre preparaba todos los días un plato para su hijo. Pero ni siquiera la probaba, se negaba: la comida del hijo, si el hijo no venía, no debía comerse. Así que los dos hombres, silenciosos, se contentaban con provisiones frías. Kunszer tocaba apenas la comida, pasaba hambre a propósito para que quedaran sobras y que el padre siguiera alimentándose. Después, deslizaba discretamente algo de dinero en la bolsa de provisiones. Los fines de semana, el hombrecillo ya no salía de casa. - Debería salir a tomar un poco el aire- le repetía Kunszer. Pero el padre se negaba. - No me gustaría que Paul-Emile llegase y no me encontrara aquí. ¿Por qué ya no me manda noticias? - Si pudiese, lo haría. Ya sabe, la guerra es difícil. - Lo sé...suspiraba-.¿Es un buen soldado? -El mej...

Fragmento de "Os nenos da varíola" de María Solar

Imagen
Posse Roybanes miraba absorto para aquel grande home; sen dúbida de que o era. - Véxolle ilusión, esforzo e empeño, pero como o van lograr?. Balmis achegouse de novo e falou entusiamado. - Primeiro difundiremos a vacina polos distintos territorios, despois instruiremos médicos e outras persoas na técnica da vacinación e, en terceiro lugar,  crearemos xuntas de vacinación nas capitais e principais cidades dos vicerreinados. Deste xeito, tras nós abandonar a zona, o método quedará asentado e seguirán vacinando a toda a poboación. A Imprenta Real imprimiu cincocentos libros do Tratado histórico e práctico da vacina , escrito por Jacques-Lois Moreaur de la Sarthe, e que eu mesmo traducín, formaremos os médicos locais, nós só seremos os espalladores da vacinación, eles practicarana a diario.  Balmis sentou e daquela levantouse Posse. Camiñou pensativo polo cuarto buscando tamén a luz da fiestra. - A idea é boa, e o fin magnífico...: pero parece un empeño de titáns. Como van poder o...

Fragmento de Yo, Julia de Santiago Posteguillo

Imagen
- ¿Y Egipto? - preguntó la emperatriz. - No tengo noticias aún de Sabino -le informó el emperador-. Lo envié para asegurar que esa provincia se pasara a nuestro bando, pero aún no sé nada, y lo mismo de los mensajeros que hemos enviado a Palestina y otros lugares de Oriente para negociar con legati y oficiales de quienes tenemos rehenes. De momento nada. Nigro permanece sólido y fuerte como una roca. - Ya veo -dijo Julia, y empezó a pasear por la habitación. Se percató de que su marido n la miraba, sólo la escuchaba. Bueno, había esperado más interés por su persona, pero era un principio; tenía que serlo... -¿ Qué opinas? - preguntó Severo. Julia se detuvo y se encaró con su esposo. - Quieres saber lo que pienso sobre la oferta de compartir el Imperio, pero ni siquiera me dedicas una mirada -dijo sin poder ocultar su orgullo de mujer herida. Septimio levantó los ojos y la miró. Ella sorrió. Él no. Julia suspiró y borró aquel amago de alegría latente de sus labios. - No funcionará- dijo...

Fragmento de "Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo

Imagen
"- Xa saberá vostede que agora non teño tampouco familia libre que poida arranxar no meu lugar asuntos desa clase.   - Seino. Pero non se preocupe. Se hai vontade pola súa parte os dedios aparecerán. Pénseo. Dentro duns días volverei chamalo para que me dea a súa resposta. Ao día seguinte Amaro deulle conta a Miguel Aboi de toda a conversa co director do cárcere. Tras escoitalo, Aboi quedou cavilosos. Logo pronunciou nun murmurio unhas palabras que a Amaro lle custou entender:   - Así que é verdade.   - Que é o que é verdade?- preguntou Amaro.   - Un rumor que oín. O caso é que ata o de agora non lle dei creto. Pero despois disto...   - Despois disto, que? Ao parecer, contoulle Miguel, quince días antes un preso da illa chamado Avelino, un comerciante vigués que tamén Amaro coñecía das súas camiñadas por aqul lugar, gora trasladado a terra. O que se cotifara na primeira era que o director lle ofrecera a liberdade a cambio de diñeiro, e que...

Fragmento de "El Jilguero" de Donna Tartt

Imagen
" Son previo aviso, mi padre salió disparado y me dio una bofetada con tanta fuerza que durante un segundo no supe qué había pasado. Luego, casi antes de que pudiera parpadear me golpeó de nuevo, esta vez con el puño, con un plaf de dibujos animados que sonó como el flash de una cámara de fotos. Mientras me tambaleaba -las piernos no me sostenían, todo estaba blanco-, me agarró por el cuello y, con un brusco impulso hacia arriba, me obligó a ponerme de puntillas. - Escúchame bien. -Me gritaba en la cara, con la nariz a dos pulgadas de la mía, pero Popper saltaba y ladraba como loco, y el pitido que yo oía en los oídos había alcanzado un tono tan alto que era como si sus gritos llegaran a través de la estática de la radio-. Vas a llamar a este tipo...-agitando el papel en mi cara- y a decirle lo que yo te diga, joder. No me lo pongas más difícil porque voy a obligarte a hacerlo, Theo, no te miento, te romperé el brazo, te daré una paliza de órdago si no haces esta llamada ah...

Fragmento de "Moito Morro Corporation, sociedade ilimitada" de Carlos Labraña

Imagen
"Nita: Coidado, isto está cheo de xente! Mira o sofá.   Rita: Desde cando a xente dorme nos bancos?   Nita: Desde que lles quitan as casas.   Rita: Non sei..., Nita, isto paréceme un pouco raro.   Nita: Ti ves cousas raras en todos os sitios   Rita: Só cando o son   Nita: Isto vainos dificultar un pouco as cousas. Temos que andar amodiño para non espertalos.   Rita: Non será mellor vir outra noite que estea ísto máis despexado?   Nita: Diso nada! Agora que estamos aquí non imos  marchar cos petos baleiros. Este banco non vai quedar cos nosos cartos de ningunha das maneiras.   Rita: Ben, pero collemos só o que nos deben.   Nita: E os xuros, fataba máis! Agora hai que mirar por onde cae a caixa forte. Sígueme! Nita e Rita procuran silandeiras pola oficina.   Nita: Con tanto moble isto parece un labirinto!   Rita: Pois vai amodo, non vaias enfociñar!   Nita: (Afastándose da irmá) Vexo algo!   Rita:...

Fragmento de "As últimas galerías" de Xosé María Álvarez Cáccamo

Imagen
"...Efectivamente, non aturo esas persoas que che contan unha película ou unha novela de arriba a abaixo e con todo detalle, mesmo revelando o final; pero non teño máis remedio que contarche, agora eu, non unha película, senón un suceso real que me ocorreu o xoves pasado. Ía na moto coas pernas nas estribeiras e a trote lixeiro cara a Vitigudino, case en dirección a ti, cando, ao pasar por Villaseco de los Gamitos -o nome parece inventado pero é real- vin a carón da estrada unha escola rural moi parecida á miña de Sobreira, aquel mundo que me roubaron. Parei e descabalguei. Era a hora do recreo. Os nenos brincaban e chiaban, a correr polo patio de terra. Desde a cancela de entrada vin chegar o mestre, que camiñaba cara a min para atenderme. Conforme se achegaba funme vendo dominado polo desexo de cambiarme por el, propoñerlle que me deixase quedar alí, ao cargo daqueles rapaces, a cambio da miña representación comercial, a moto e a carteira; pero, de súpeto, a súa cara resultou...

Fragmento de "As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

Imagen
" DOUTORA: Continúe vostede, señora.    VELLA: A verdade é que sinto que hoi alguén roubándome as palabras e substituíndoas por outras novas, alleas. (Mira de esguello para o Home do Saco)    MARÍA DOS MELES: Ás veces, a min, tamén me pasa o mesmo.    MARÍA CASTAÑA: E sentes coma se a lingua se che volvese de trapo de non usala.    MARÍA SILVEIRA: Non hai tempo para falar, miñas amigas! Agora as palabras escríbense en WhatsApp.    VELLA: Eu son vella, mais aínda teño moitas cousas que dicir, porén semella que ninguén me quere escoitar.    DOUTORA: Non diga  iso, señora, nós estámola escoitando. Quizais debería vostede quitar esa roupa que leva e amosarse máis nova, máis leda.    CAROLINA: Doutora, non pretenderá converter a consulta nun salón de estética?    DOUTORA: A nosa imaxe ten moito que ver con como nos sentimos. (Vai onda a VELLA) Fóra este mantelo, fóra este pano, enderéiteme...

Fragmento de "Vic e Bombona" de Sara Barreiro

Imagen
" O neno abriu moito os ollos e púxose de xeonllos para tocar a trapela, pero non a alcanzou, polo que dun salto caeu dentro do burato e  escoitou como a madeira sobre a que se puxera de pé, renxía. Moveuse con coidado mentres falaba con Bombona. - Pero amiga! Como o conseguiches? Por isto tiñas onte as patas cheas de terra, agora entendo...Es a mellor cadela do mundo. Imos tentar abrir esta trapela e ver que hai dentro. E mañá volveremos para ver de adiviñar que hai ao outro lado da corda sen pillar unha molladura e sen que mamá berre cos dous. Vic analizou os bordos da trapela. Para levantala tería que sair do burato, senón sería imposible. Coa man dereita limpou os restos de terra que quedaran sobre a madeira e descubriu unha inscrición que dicía "The Brigde". Seguiu quitando a terra e atopou unha pechadura. Desilusionouse un pouco, pois aquilo significaba que precisaba dunha chave para abrir a porta. Era unha pechadura de chave grande, de tipo antiga, coma...

Fragmento de "O viaxeiro radical" de Xerardo Quintiá

Imagen
" En certo xeito, querido Manfred, a vida é así, e a todos nos pasa o mesmo. Quero dicir que, se o miras ben, a vida consiste niso, en carretar unha pedra costa arriba e cando chegas á cima e volves a vista, ves como todo se esmendrella e tes que empezar outra vez. Quizabes a felicidade, se é que a hai, estea en non pensar moito, ou en disimular cun mesmo e convencerse de que cada vez a pedra é unha pedra distinta, e tamén o monte, e tamén a cima. Así, polo menos, o esfrozo non é tan absurdo. Non cho parece? Nunha das túas cartas dicíasme que eu era un home práctico e que todo o que facía se cimentaba en algo real e tanxibel. É certo. Sempre me fiei máis daquilo que vexo e toco que de calquera outra cousa: o meu son os parafusos e a graxa e os motores, aí son feliz; pero malia o meu apego á realidade vexo claramente esa aura que sempre te envurullou e amólame que a xente che faga dano. Como che dicía ao primeiro, tes que ser forte. Non queda outra. E se che esmendrellaron o q...

Fragmento de "Coma unha áncora" de Iria Collazo López

Imagen
" O pesadelo comenzara había anos, lonxe da terra, e sempre se vía a si mesma como unha bolboreta presa dunha enorme arañeira en que un becho xigante a vixiaba con ollos de ollomol podre agardando dar boa conta das súas vísceras. Pero neste terrible día de novembro non foran os pesadelos os que a espertaran. O mal fado quixo que o día de alegría na bisbarra as campás da igrexa esgazasen o silencio á mañá cedo, e non anunciando a festa, senón a desgraza máis absoluta. María non conseguira pegar ollo desde a visita da Cegha. Ignoraba de que cova falaba e por que dicía que ía estar alí con Manuel. Puido pensar que tan só era unha tolemia, unha maldade de Amalia, ou mesmo un estraño xogo, pero soubo que era certo cando caeu no pozo branco dos seus ollos. Ollos brancos coma a neve que caera estes días e que xeara os tellados das casiñas das que saía agora a xente atemorizada, alertada polas badaladas incesantes que ventaban a desgraza e que a ela xa non a sorprenderan. M...

Fragmento de "La verdad sobre el caso Harry Quebert" de Jöel Dicker

Imagen
"Mire, le voy a poner en contacto con unos escritores fantasma para que vaya más deprisa. Además, no es necesario que sea gran literatura: la gente quiere sobre todo saber lo que hizo Quebert con la chica. Limítese a contar los hechos, con algo de suspense, de morbo y un poco de sexo, claro. -¿Sexo?  -Vamos, Goldman, no le voy a enseñar ahora su trabajo: ¿quién querría comprar el libro si no hubiese oscuras subidas de tono entre el vejestorio y la chiquilla de siete años?Eso es lo que quiere la gente. Venderemos millones, incluso si no es bueno. Eso es lo que cuenta, ¿no? -Harry tenía treinta y cuatro años y Nola quince¡¡ -No sea quisquilloso...Si escribe ese libro, le anulo el contrato precedente y le ofrezco además medio millón de dólares de anticipo para agradecerle su colaboración. Me negué en redondo y Barnasky se enfureció: -Muy bien. Ya que se pone usted así, Goldman le voy a decir una cosa: o me entrega un manuscrito dentro de exactamente once dí...

Fragmento de "O enigma de Caronte" de Carlos Vila Sexto

Imagen
"-Avó...-dixo ela nun murmurio, coma se aínda non o crese. Xoaquín sorriulle, coma se levase moito tempo sen vela. Acaricioulle a man e despois estendeu a súa, sinalando un dos andeis da libraría, onde aínda conservaba recordos dunha vida da que xa non se lembraba en absoluto. Álex mirouno de novo, sen comprender. Xoaquín sorríulle, pícaro, coma un neno pequeno. -Ten un dobre fondo... Ela non entendeu. Achegouse ao andel que sinalaba. -¿Qué e o que ten un dobre fondo, avó?Aquí só están os teus libros... Pasou a man por riba deles, movéndoos un pouco. Cando o fixo, pareceulle ver algo detrás duns antigos volumes de historia. Curiosa, meteu a man e sacou do fondo do andel unha vella caixa de cigarros. Estrañada, volveuse sentar xunta ao seu avó.  -¿É iso o que...? Pero el xa non estaba alí. A súa mirada volvera perderse no exterior, no pardal que camiñaba a pequenos e eléctricos saltos polo peitoril da ventá. Álex non puido reprimir un xesto de desgusto: aquela po...

Fragmento de "Manuel María.Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela

Imagen
ACUSO A CLASE MEDIA Acuso a clase media -grandes e pequenos     burgueses- porque eles foron e son os que traicionan o esprito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia. Pertenzo ó pobo e falo no seu nome. Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos, dos ferreiros, dos criados de servir, dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros; dos humildes carpinteiros de ribeira; dos alugados que iban a Castela; dos caseiros que non teñen terra de seu; dos que se ven obrigados a emigrar; dos probes de esprito e dos probes de pedir; do coitado xornaleiro que de sol a sol aínda anda virando a terra co arado romano. Falo en nome de todos aqueles que, anque teñen razón, non llela dan. Acuso a clase media de egoísmo, de non ser solidaria co seu pobo, de brutalidade e de ignorancia, de lles bicar os pés ós poderosos, de traficar coa fame e coa miseria, de vivir na súa terra despreciándoa, intentando borrar o seu idioma, asasinando o seu ser diferenciado. Acuso a clase ...

Fragmento de "Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

Imagen
" Aquela escena, a da ruptura, aconteceu porque Xabier quixo que acontecese. Como en tantos outros momentos da súa vida foi el que actuou e ela quen reaccionou. Así foi sempre. Ela viviu pregando a súa vontade á vontade del. Mais cando tal se fai, cando alguén actúa así, no fondo é porque se agarda algo, algún premio, algunha recompensa, neste caso, emocional. E que era o que ela esperaba?, que buscaba? Ela diría: nada. Absolutamente nada. Eu nada buscaba. Amar é dar. Amor é Dar. Amor é renunciar para que o outro sexa. Amar é sacrificar por un soño común. Si, Carla, isto xa o falamos. E xa dixemos que  é un erro. Porque non hai un proxecto común. Hai como moito, proxectos. Proxectos dos dous, pero cada un co seu. O de  Xabier estaba claro e era realizable sen grandes complicacións: vivir ben, traballar duro, e estar tranquilo na casa. Contigo. O teu, non obstante, era moito máis fodido: facelo feliz, que el me faga feliz, sermos felices os dous xuntos polo feito de o estar....

Fragmento de "La verdad sobre el caso Harry Quebert" de Joël Dicker

Imagen
" - Mire, le voy a poner en contacto con unos escritores fantasma para que vaya más deprisa. Además, no es necesario que sea gran literatura: la gente quiere sobre todo saber lo que hizo Quebert con la chica. Limítese a contar los hechos, con algo de suspense, de morbo y un poco de sexo, claro.  - ¿Sexo?  - Vamos, Goldman, no le voy a enseñar ahora su trabajo: ¿quién querría compror el libro si no hubiese escenas subidas de tono entre el vejestorio y la chiquilla de siete años? Eso es lo que quiere la gente. Venderemos millones, incluso si no es bueno. Eso es lo que cuenta, ¿no?.  - Harry tenía treinta y cuatro años y Nola quince!!  - No sea quisquilloso.... Si escribe ese libro, le anulo el contrato precedente y le ofrezco además medio millón de dólares de anticipo para agradecerle su colaboración.   Me negué en redondo y Barnasky se enfurreció:  - Muy bien. Ya que se pone usted así, Goldman le voy a decir una cosa: o me entrega un manuscr...

Fragmento de "A identidade fascinada" de Antonio Piñeiro

Imagen
" E logo estaba Clangor a ábsida da noite ou o sancta sanctorum dos grupos e nomes que viñan de pulular pola cidade, plenos de contarse as cousas, contra a distonía de faros, miradas, reverberación, tasca e boîte . Clangor era coma unha bag de románico ou de romanicogótico, o bolsiño bandoleira cargado de cleenex con suor, resto de estoxo, músicas e ritmos estudados. Dicía Fernando Pereira que a apertura de Clangor coincidiu co peche de Rock-Ola. Era iso. O paso dun período a outro. O novo. Claramente mentres se cocía a sopa dos baby boomer nas vellas olas-aulas da Universidade compostelá. O canto ortoédrico, branco e negro, da Clangor, era xa para a linguaxe de xestos, o sorriso, o labio, os flocos ou o movemento divinizado dos corpos. Difícil entrar alí noutra conversación que non fose a da música.  As viñetas, o saxo, as figuras anxo, os movementos cavernarios que eran parte daquel ritual two tone das paredes, a cuxos pés quedaban sempre embarulladas as pilas d...

Fragmentos de "Cuestión vitáis secretas" de Iván García Campos

Imagen
"Os alimentos, dicíannos: Teñen que tardar sete segundos en iren da boca ao estómago. Por isto non nos deixaban beber auga mentres comíamos, para non acelerar o proceso, diciannos. Podíamos beber auga antes ou despois, pero nunca mentres comíamos. Diciannos: Custa o mesmo adquirir un mal hábito ca un bo hábito. De vivirmos con orde, simplificamos moito os nosos quefaceres. Dicíannos. A orde e a pulcritude non son hábitos dos que debamos vangloriarnos, porque caquera persoa medianamente instruída é ordenada. Para eles todo era un deber ineludible. A idea de que un non debía facer nin menos nin máis do que debía facer. Viviamos entre o imposto e o vetado. Lembro os acenos de desacougo dos meus pais porque non acababamos de facer ben ou non facíamos a tempo isto ou aquilo, que podía ser algo novo ou algo ordinario. Eran cousas que pasaban perante dos nosos ollos. Afaciámonos a vivir con elas e non se nos ocorría facernos preguntas. Cortar o pan sempre antes de poñelo na mesa...

Fragmento de "Fábula" de Xavier Alcalá

Imagen
"Meteuse no coche. O golpe da porta marcou un cambio no seu pensamento; sen podela coartar máis, alí estaba a idea refugada: ¿ por que gastar tanto diñeiro en  parvo e inútiles, oligofrénicos, babosos, rixosos, irrecuperbles? E após da idea logo viña un recordo: - O estado non pode gastar diñeiro en elementos impordutivos para a sociedade, amigo Fernández. - Non che digo que non. Pero matalos... - Non van  sufrir. - Quizais, Wolfgang, pero han sufrir os pais. - Iso non é certo. Os pais conscientes preocúpanse, desespéranse mesmo, cando un rapaz normal non é capaz de seguir o ritmo de aprendizaxe dos deus compañeiros. Daquela, imaxina o que pode ser veres que o teu fillo no é capaz de nada, non evoluciona, é sempre a mesma masa de carne... A maioría dos pais que teñen un fillo parvo preferirían velo morto. - ¿E logo por que non os matan? - Non os matan pero ocúltanos, como ben sabes. Non os eliminan por medo a lei. - Filicidio: sempreo foi punido, en to...

Fragmento de "El tango de la guardia vieja" de Arturo Pérez Reverte

Imagen
"Se acometieron sin más palabras ni contemplaciones, con violencia, despojándose de cuanto estorbaba a la piel y la carne por las que se abrían camino en el cuerpo del otro; y, retirando la colcha de la cama, sumaron el olor de la mujer al del hombre que impregnaba las sábanas arrugadas durante la noche. Siguió luego un duro combate de sentidos; un largo choque de urgencias y deseos aplazados que transcurrió tenaz, sin piedad por ambas partes, y exigió de Max toda su sangre fría peleando en tres frentes simultáneos: mantener la calma necesaria, controlar las reaciones de la mujer y sofocar sus gemidos, evitando que toda la pensión Caboto se informara del lance. El rectángulo del sol de la ventana se había movido despacio hasta encuadrar la cama, y deslumbrados por él se inmovilizaban a veces, exhaustas lengua, boca, manos y caderas, ebrios de saliva y aroma del otro, relucientes de sudor mezclado, indistinto, que parecía escarcha de cristal bajo aquella luz cegadora. Y en cada ...