"Adral" de Xosé Filgueira Valverde"
Hoxe falaréi dunha das achegas da Editorial Galaxia , unha obra do autor Xosé Filgueira Valverde , neste caso falaré do libro " Adral ", unha compilación de artigos escritos polo autor dende 1979 ata o momento da súa morte. Publicáronse en distintos xornais e logo recopiláronse para formar a obra da que estamos a falar hoxe. Neste libro non atoparedes outra cousa que non sexa Galicia e asemade tamén unha proba irrefutable da intención do seu autor de aprender máis e máis sobre a súa terra, e dar a coñecer as súas investigacións ó resto dos galegos para que non se esqueza a nosa cultura, e para que non se perdan as nosas tradicións. Eu non coñezo moitos libros con esta mistura de témas tan variados, investigacións curiosas que nalgúns momentos fan que o lector quede abraiado, ou que na súa face aparezca unha sonrisa tristeira o pensar que moitas das cousas que conta Filgueira Valverde xa non se levan a cabo, ou se perderon, ou se fixeron eliminar...e só quedan docum...