As andanzas de Paio de OVIRAVAI
As andanzas de Paio hoxe me fixeron bailar, un pequeno libro da Editorial Galaxia onde atoparedes ós animáis máís marchosos do mundial bailando e pasándoo ben, e ó mesmo tempo, facendo comprender ós máis pequenos da casa da importancia da reciclaxe, e do cuidado da natureza. Para min foi sorprendente ver que, Paio, viaxa polo mundo adiante coñecendo a outros animáis que son divertidos e teñen una vida distinta da súa, pero non menos interesante. Así coñeceredes a Armando, un armadillo capitán de barco, ou o tiburón que canta cando coñece novos amigos e, que ben canta!!. E falando de cantar, qué me dicides da familia Sapo? Esa familia, penso eu, que debería de ir a un concurso de canto, porque quedan de primeriños¡¡ Un libro moi divertido, que inclúe as cancións nun CD, para que os nenos podan bailar e disfrutar mentras len o libro¡¡ Magníficamente ilustrado da man de David Álvarez e Laura Iglesias, coas súas ilustracións, fan que a imaxinación dos nenos salte entre as c...