"Un conto ao revés" de Chuches Amil

Ola¡¡ "Un conto ao Revés" de Chuches Amil e da Editorial Galaxia, que pon nas nosas mans un pequeno tesouro que  encheu o meu corazón de alegría e de bo humor¡¡ Un libro-disco de novo, é dicir, un libro con banda sonora orixinal, como as pelis¡¡, pero unha música moi bonita que fará pasar os pícaros das nosas casas uns intres entretenidos e moi divertidos.

A miña primeira impresión ó ver o libro ...un alucine total¡¡ Quedéi prendada destes maravillosos dibuxos que ilustran a obra, una dibuxos coloristas e moi orixináis que estou segura chamarán a atención dos nenos en canto teñan o libro nas súas máns, e digo esto porque eu estiven moito tempo disfrutando delas, canto máis se de un neno estamos a falar, teñen a capacidade de facer volar a imaxinación dos cativos sómentes con ver as ilustracións. Felicidades a Javi Prieto e a Editorial Galaxia polo conxunto que formaron entre o conto e as súas ilustracións¡¡

Dende logo, non podo negar que en canto empezas a ler o conto, vas de aventura en aventura, de sorpresa en sorpresa, xa que no transcurso da lectura, escoitaredes a música e somerxeredes nun incrible mundo de fantasía, nos soños de Eirín e Milucha, e como soños que son, caeredes nunha serie de aventuras atípicas, orixináis e divertidas como poucas. Dunha illa a un canedo, e dun canedo iredes ata as Fragas do Eume, e con toda naturalidade  das Fragas iredes ata o fondo do mar. Con personaxes moi diferentes, moi coloristas e moi divertidos , conseguiredes que os vosos fillos aprendan un montón de bo vocabulario, que irán memorizando sen darse conta a través das cancións que aporta o cd.

Non podo dicir outra cousa, é un libro especial, para nenos maoires de dez anos, aínda que eu penso que os cativos máis pequenos tamén o disfrutarán polas súas ilustracións e a súa música. Eu sentinme nena por uns intres grazas a este  libro pequeno, divertido e moi orixinal e colorista, un agasallo precioso para os máis pequenos da casa que disfrutarán moito, estou máis que segura disto¡¡ Un libro estupendo e moi bonito.¡¡ Tédelo que mercar¡¡

Comentarios

  1. Din que xa non teño idade para contos... tal vez, pero este ten que pasar polas miñas mans. Gracias pola recomendación. Vicky

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os contos son para todos os públicos sempre, dun conto sempre se aprende algo e todos estamos aqui para aprender. Bicos Vicky

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

"O faro escuro" de María López Sández

"La Biblia de Barro" de Julia Navarro

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker