Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

Frangmento de "O faro escuro" de María López Sández

Imagen
Para Catalina era reconfortante ter algo que se movese, que introducía un elemento de variedade no escenario inmóbil e monótono do pozo Durante as primeiras horas de reclusión, cando o traumatismo aínda non lle permitía orientarse, pensara nas rapazas desaparecidas e asasinadas. Olalla Riveiro, Tanaia Fernández, Sara Tarrio. Sabíase que, desde o secuestro, eran mantidas con vida durante dúas semanas. Temera a violación, a tortura, o asasinato. Pero a medida que recuperara conciencia do sucedido, a idea que se fora formando na súa mente era ben distinta. Agora sabía con precisión cal sería o día. O 18 de maio decidiríase se vivía ou morría. O problema era que ignoraba que día era e seguía perdida naquela insoportábel confusión temporal. Para estar preparada facía exercicio no escaso espazo de que dispoñía. Como non podía correr, saltaba; como non tiña ningún peso nin resistencia, facía flexións, absominais, exercicios compresivos, e logo estiraba os músculos. Aquela disciplin

"O faro escuro" de María López Sández

Imagen
Amósovos hoxe a miña recensión do libro " O faro escuro " da autora María López Sández . Este pequeno volume editouno a Editorial Galaxia. Trala bonita portada decorada cunha fermosa imaxe chamada Sálvora de Carmen Rosa Carracedo, unha imaxe dun faro, atópamos unha pequena obra formada por trinta e un capítulos cortos, cunha linguaxe sinxela que non traerá complicacións na súa lectura e comprensión. O faro é  unha imaxe moi simbólica que trae a nosoutros a idea de luz, esa luz que ilumina o camiño para chegar sempre a bon porto, máis neste caso, María López nos trae a historia dunha vida na que o faro que iluminaba o camiño esnaquízase e creba a vida dun dos persoaxes principáis. Resaltaría do libro o feito de que nos deixa unha reflexión sobre, a vida das mulleres que traballan e teñen unha vida familiar complicada ó ter fillos con diversidade funcional, o que as leva a facer grandes esforzos para atender as dúas partes nas que se fragmenta a súa vida, a vida

María López Sandez

Imagen
Maria López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no ensino secundario no IES Xulián Magariños (Negreira) e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. En 2007 foi galardoada co Premio Ramón Piñeiro de ensaio pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio e, en 2012, co Premio Repsol de Narrativa breve por A forma das nubes . Ambos libros publicados pola Editorial Galaxia. Tamén é a autora do libro " O faro escuro ", libro publicado pola Editorial Galaxia neste ano 2015 e do que se fai reseña aquí.

Novidades Editorial Galaxia

Imagen
"Fábula" XAVIER ALCALÁ Colección LITERARIA EDITORIAL GALAXIA 2015 292 páxinas P.V.P: 17 € Ive incluido ISBN: 978-84-9865-601-5 Publícase a sexta edición de Fábula , novela coa que Xavier Alcala obtivera o Premio da Crítica Española en 1980. O autor da triloxía "Evanxélica memoria" define esta obra agora reeditada como unha novela "adherida á memoria viva". Un long-seller que chega outra volta aos lectores co mesmo pulo da primeira edición. Xavier Alcalá escriiu Fábula a partir de testemuños do que el denomina "memoria viva" dos feitos. Se toda a obra do autor de A nosa cinza ten unha querencia especial pola recreación de fontes orais e mesmo documentais, esta novela, escrita corenta e tres anos despois do inicio da Guerra Civil e artellada en diferentes planos de acción, tamén é unha recreación de sucesos e personaxes de pasado. O relato organízase, pois, en planos de acción que enfrontan a Guerra e a Transición Democrática

Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Imagen
Hoxe é o Día das Letras Galegas , deixovos un fragmento da obra " A Monxa-Frade " de Xosé Filgueira Valverde , o autor que se dedica este día fermoso para os galegos. "Deixou Xanciño a egua no curral do capelán e entraron xuntos frade e mozo. O frescor do portal e aquel doce recendor de albahaca e incenso foron coma un conforto das angueiras da viaxe e das matinacións que acoraban. Pero o padre seguía tan ofegado que a torneira coídou que se burlaba dela ou que toleara. - Ave María Purísima. - Sen pecado concibida. - Son o padre Esteban Guardamiro que quero falar coa madre abadesa e coa comunidade. - Benvido, señor, sempre a súa visita é moi grata para a comunidade. ¿Ven predicar á vila? - Non, non, traio un asunto grave que tratar. É que este mozo quere entrar no noviciado. - Que El-Señor lle manteña o humor, padre Guardamiro. Aí ten as chaves de locutorio -o torno remexeuse coma se fixese discanto da risa da monxa- e suba con coidado, non vaia ca

"Feitizo de sangue" de Sabéla González

Imagen
" Feitizo de sangue " da escritora Sabela González , é a segunda parte da triloxía fantástica " As crónicas de Landereina " publicado pola Editorial Galaxia . O seu primeiro tomo " Bágoa de Lúa " xa o reseñei no seu momento aquí. Facendo unha comparación coa vida mesma, " Feitizo de sangue " sería a parte das nosas vidas chea de impedimentos, enredos e probas que todos sufrimos ó longo do noso vivir. Todos temos uns obxetivos, unos anhelos que queremos cumprir, e cada un destes desexos supón unha porta que abrir, unha porta que atravesar para atopar o que buscamos, os filósofos dirían para chegar a Sabedoría ou a liberdade interior ou, sen ser tan profundos, a conseguir o coche ou a casa dos nosos soños, por exemplo. Cada camiño percorrido para achar esa porta, trae consigo novas ensinanzas sobre nós mesmos, sobre aqueles que temos ó noso arredor (e que as veces nos acompañan nas nosas aventuras) e sobre o noso entorno. Estes laber

Novidades Editorial Galaxia

Imagen
ISBN: 978-84-9865-603-9 ISBN: 978-84-9865-604-6 O  LABIRINTO DA CULTURA XOSE FILGUEIRA VALVERDE Adral Segundo Adral Colección LITERARIA EDITORIAL GALAXIA 2O15 444 e 536 páxinas PVP: 18 € Ive incluído cada volume. Continuando coa publicación da Biblioteca Filgueira Valverde , ilustrada en cuberta con obra pictórica de Ovidio Murguia, a Editorial Galaxia tira do prelo os dous primeiros volumes da serie Adral e anuncia a publicación do terceiro para o outono deste ano, como conclusión do Ano Filgueira Valverde, autor ao que se lle dedica o Dia das Letras Galegas do presente ano 2015. Os seis volumes restantes publicaranse en senllas entregas sucesivas nos dous próximos anos. Escritos coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo" , Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos inicialmente para os xornais e foinos publicando en libro, co título de Adral, desde 1979 ata o ano da súa morte

Novidades da Editorial Galaxia

Imagen
Biblioteca Filgueira Valverde   "O vigairo. A monxa-frade.Agromar. Aucto de Santa María"   XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE  Colección LITERARIA  EDITORIAL GALAXIA 2015  164 páxinas  P.V.P: 14€ Ive incluido. Coincidindo co Día das Letras Galegas dedicado a Xosé Filgueira Valverde, EditoriaL Galaxia publica a Bibioteca Filgueira Valverde, ilustrada en cuberta coa obra pictórica de Ovidio Murguía. O segundo título desta serie, logo da publicación de Quintana viva , está formado por catro obras de dous xéneros diferentes: a narrativa e o teatro. O vigairo , publicado por primeira vez en 1927, é un canto literario ao mar de Pontevedra. A monxa-frade , un relato inédito de inspiración histórica; e á literatura dramática pertencen Agromar (1936) e Aucto de Santa María (1969). En O vigairo , Filgueira Valverde fai unha loa literaria do mar de Pontevedra; o mar do comercio do sal e dos quimóns da sardiña. Os vigairos eran as vellas autoridades dos gremios do mar,