"O faro escuro" de María López Sández
Amósovos hoxe a miña recensión do libro "O faro escuro" da autora María López Sández. Este pequeno volume editouno a Editorial Galaxia.
Trala bonita portada decorada cunha fermosa imaxe chamada Sálvora de Carmen Rosa Carracedo, unha imaxe dun faro, atópamos unha pequena obra formada por trinta e un capítulos cortos, cunha linguaxe sinxela que non traerá complicacións na súa lectura e comprensión.
O faro é unha imaxe moi simbólica que trae a nosoutros a idea de luz, esa luz que ilumina o camiño para chegar sempre a bon porto, máis neste caso, María López nos trae a historia dunha vida na que o faro que iluminaba o camiño esnaquízase e creba a vida dun dos persoaxes principáis.
Resaltaría do libro o feito de que nos deixa unha reflexión sobre, a vida das mulleres que traballan e teñen unha vida familiar complicada ó ter fillos con diversidade funcional, o que as leva a facer grandes esforzos para atender as dúas partes nas que se fragmenta a súa vida, a vida familiar e a vida laboral. Un día a día cheo de renuncias e de limitacións e sen moitas axudas para poder enfrontar o seu camiño, perdendo esa sensación de seguridade que unha familia sin eses atrancos pode ter. Gustoume o tratamento que fai do persoaxe de Pablo, un neno con diversidade funcional que é totalmente consciente da situación complicada que a súa enfermidade trae a familia,e que a pesar dos seus problemas non dubida en apoiar a súa nai en todo momento e animala para que siga adiante. Amósanos María López Sández a necesidade de axuda destas familias, que ten que contratar persoal para atender ó neno mentres a nai traballa, e que as veces, supoño que moitas veces, teñen que recurrir á familia porque non chegan os cartos para pagar á cuidadora.
Esta novela trae máis cousas interesantes, ó tratar tamén o tema de cómo algúns medios de comunicación contan certo tipo de noticias dunha maneira moi insensible, buscando tan só o aumento da audiencia e esquecendo que están a falar da vida de persoas. Así non teñen dúbidas en urgar na vida da xente ata límites insospechados, deixando atrás a dignidade das persoas e, escudándose na súa obriga de informar, utilizan todo tipo de estratexias, aínda as máis ruíns. Máis non contenta con isto, a autora non dubida en facernos reflexionar sobre os métodos que utlizan algunhas persoas para alcanzar notoriedade, para facerse ver e trepar ata o máis alto nos seus traballos, ainda que elo conleve pisar ós que teñen o seu aredor.
Engadiría eu que o que máis máis me gustou do libro é a forma de presentar o perfil psicolóxico dos persoaxes, cómo varían cada un as súas formas de pensar segundo as situacións que enfrontan, o perfil psicolóxico do home do faro, como xoga coa victima mentres a ten retenida e como Catalina vai cambiando a súa forma de pensar e de actuar mentres prepara a súa fuga. A presentación dunha situación de perigo onde, uns cantos detalles doces, poden facer cambiar esa sensación de perigo por sensación de seguridade aínda sabendo que estás nunha circunstancia onde nada pode terminar ben. E dicir, cómo modificamos as nosas conductas ante as situacións de perigo, cómo podemos manipular a outras persoas para que fagan o que nos queiramos, cómo unha catastrofe familiar pode cambiar os teus patróns de comportamento e a túa forma de ver a vida.
Tamén é certo que eu esperaba outro final do libro, tal vez o típico final que neste tipo de novelas policíacas te atopas, e quedéi un pouco perplexa cando rematéi a súa lectura, así, comencei a leélo e máxicamente atopeime atrapada na historia, pero pouco a pouco a novela foi xirando e rematou sen forza. Eu esperaba un final sorprendente que non acabou de chegar, supoño que tal vez sexa pola costume de ler novelas policíacas que teñen máis ou menos sempre o mesmo final e neste caso María Sandez lle deu un xiro diferente. Tal vez non lle interesaba darlle o típico final a súa novela, porque o que intentaba era mostrar outras cousas no seu libro....terédelo que buscar como o fixen eu coa súa lectura.
Unha novela rápida de ler e con bos témas de fondo que vos fará pasar un rato entretidos. Leédeo¡¡
Hola amiga, ten boa pinta e como contas que ten un final diferente aínda me parece mellor, porque tes razón, a maior parte das novelas policiacas van máis ou menos polo mesmo camiño, así que intentaréi de conseguilo. Gracias. Vicky
ResponderEliminarMoitas grazas por vir Vicky, estou segura de que o libro será do teu agrado. Bicos
ResponderEliminarPara min nesta novela hai dúas vitimas a vitima física Catalina e vitima psicolóxica o fareiro atormentado por un fito que el soamente e testemuña ,cando sucededeu o accidente aéreo e que lle vai cambiar por completo a súa vida,dominada esta pola carraxe e a xenreira
ResponderEliminarSi, tes razón, no libro hai dúas victimas, tamén do libro pódese facer unha reflexión sobre como os traumas poden modificar a conduta das persoas, e como ese cambio pódeos levar por camiños oscuros moitas veces sen ser conscientes do que realmente están a facer. Así como o feito de que ninguén ó seu redor se de conta deses cambios nas súa personalidade e conducta, e que ninguén poda facer moito por axudalos as veces...Creo que este libro, vai ser un deses libros que co tempo vas atopando nel máis e máis contexto interesante que da para pensar. Un saúdo Pablo Lombao e gracias por vir, ler e compartir conmigo a túa opinión. Un saúdo¡¡
EliminarUnha mala noveliña.
ResponderEliminarOla, todo é cuestión de gustos. Un saúdo
Eliminar