"Os nenos da varíola" de María Solar

María Solar, lévanos ata 1803, ata A Coruña, e amósanos a organización dunha viaxe de vital importancia para toda a humanidade. Unha viaxe chea de perigos, de incertidume e tamén unha viaxe esperanzadora.
Aqueles que a realizaron, son heróes porque coa súa valentía, levaron saúde por alí onde estiveron.
A viaxe, remata en 1980, momento no que a varíola queda erradicada no mundo. Pero, pouco o nada se sabe daquelas persoas, que levaron a vacina dun lugar a outro, para conseguir sandar a aqueles que caían nas gadoupas desta terrible enfermidade. Ata a chegada dese intre, moitos perderon a vida por este mal.
Gracias a investigación de María Solar, e a realización desta obra, moitos coñecemos a importancia que tivo Galicia no espallamento da vacina por América. Naqueles tempos, a xenerosidade e o altruísmo fixeron posible a superviviencia de moitas persoas, a supervivencia da humanidade,e o fixeron por amor ós sus semellantes e non pediron nada a cambio.
Este, é un tema moi de actualidade hoxe en día, no que non podemos sair da casa sen unha mascarilla para protexernos. Hoxe, tamén se pelea por conseguir unha vacina para salvar vidas. Os tempos e as economías son totalmente diferentes, os mecanismos para espallar a vacina permitirán que moitos se poidan curar ou, incluso, moitos nin siquera cheguen a pasar o COVID-19, somos afortunados...ou non, tal vez a loita non sexa por unha vacina, tal vez a loita sexa polo diñeiro, ou o poder, que pode aportar a unha economía fabricar o primeiro esa vacina, xa que a venderán os outros países.
Sexa como sexa, hoxe mellor que nunca, podemos comprender a importancia que ten a ciencia nas nosas vidas, e María Solar, nos achega unha interesante reflexión sobre a necesidade da vacinación na sociedad actual. Vacinación que permitiu no seu momento erradicar a varíola, e que con sorte, erradicará o covid19 da nosas vidas.

Ademáis, con este libro, coñeceredes un pouco mellor cómo era e sentía a sociedade galega naqueles tempos. Unha sociedade pobre, onde os avances científicos mirábanse de esguello ou, directamente rechazábanse, por ser contra natura, ou por ir en contra da ideoloxía da Igrexa. 

Importante reflexión sobre o tratamento que recibían as mulleres que tiñan fillos de solteira, así como ós nenos que vivían nos hospicios, pobres e famentos, e con un futuro bastante negro na maioría dos casos.
Unha lectura moi interesante, fácil e amena, María Solar consigue que te poñas nos zocos dos pequenos, pero tamén no papel de Isabel Zendal e, que comprendas as dificultades e os sentimentos de cada un deles. Queredes saber cómo se transportou esa vacina? Queredes coñecer aqueles importantes homiños que levaron no seus corpos as vacinas? Pois só tedes que ler o libro de María Solar, intrigante e adictivo, pequeno pero intenso é  "Os nenos da varíola". Non vola perdades¡¡

María Solar

María Solar é unha das autoras máis lidas e traducidas dos últimos anos en Galicia. Escritora e xornalista, a súa carreira profesional na comunicación está moi vencellada ao mundo audiovisual. É coordinadora de cultura da CRTVG e presenta o programa ZigZag Fin de Semana da TVG. Presentou todo tipo de programas e formatos tanto en radio como en televisión e colaborou en prensa e revistas.
A súa formación académica abrangue as ciencias e as letras. É licenciada en Bioloxía e Xornalismo e diplomada en Maxisterio Como escritora colleitou éxitos como ‘Os nenos da varíola’ (Galaxia, 2017), premio ao mellor libro xuvenil da III Gala do Libro. Gañou o Premio Lazarillo de creación literaria con ‘O meu pesadelo favorito’ (Galaxia, 2015), tamén premio ao mellor libro infantil da I Gala do libro e destacado na preciada Lista White Ravens da Biblioteca de Múnich. Entre outros libros da autora destacan: ‘As horas roubadas’ (Xerais, 2016) Premio Frei Martin Sarmiento á mellor novela de adultos, A verdadeira historia da mosca da tele (Galaxia, 2012) Premio Frei Martin Sarmiento, ‘As meigas de Lupa’ (Xerais, 2012), ‘Teño un pés perfectos’ (Kalandraka, 2012) Lista White Ravens, ‘Vou ter un irmán’ (Galaxia, 2010) Premio Frei Martin Sarmiento. En ensaio publicou, entre outros, o libro ‘¿Quieres ser periodista?’ (Siruela, 2017) con Luis Fraga. Case toda a súa obra está traducida a castelán e catalán e internacionalmente ten traducións ao portugués, italiano, chino e filipino.


Ficha técnica

Título Os nenos da varíola
 AutorMaría Solar
 EditorialGalaxia
 Páginas 208 páxinas
 Año de edición
 2017
 ISBN 978-84-9151-026-0
 Precio12,75  €

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández