Incursións na Literatura Infantil

Ola¡¡ Aquí veño cargada de libros infantís con unha moi boa pinta e recomendados por unha nai (Aida) apaixonada pola literatura en xeral e pola infantil en particular pois ten dous cativos ben guapos, e da súa man deíxovos uns cantos libros fantásticos para mercar ou agasallar. A miña amiga díxome que "A nena e o grilo" é coma un conto cantado e que ten o libro coma un tesouro. A Editorial OQO, vai polos concellos facendo actuacións dalgún dos seus libros, e ó remate dese espectáculo regalan o libro ós asistentes. Así os coñeceu ela. Xeralmente son libros cunha estética moi coidada e sempre libros con mensaxe incluido para a ensinanza dos pequenos. Os espectáculos que ofrecen son moi divertidos para os nenos e moi moi especiáis. Estas recomendacións veñen da man dos seus cativos Manu e Brais , así que veñen de persoas moi expertas na materia, prégovos as tomedes con moita moita seriedade, porque saben do que falan¡¡ Dende aquí o meu agradecimient...