"Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo
Un novo libro nas miñas máns, "Todo canto fomos" do escritor Xosé Monteagudo tráeme ata aquí para falar un pouco de libros e boa literatura. Pertence este libro a colección Literaria da Editorial Galaxia.
Este libro ven a demostrar que todo o que hoxe somos, ben marcado polo que fumos no pasado e polo que neses tempos anteriores fixemos e nos fixeron. Todo canto fomos é o que marca a nosa existencia e nos fai o que hoxe somos, a nosa personalidade, as nosas pautas de comportamento e a nosa forma de relacionarnos cos demáis. Pero non só a nivel persoal, non, tamén a nivel social. A nosa sociedade é así hoxe por todo o que pasou no pasado, e este libro axuda a comprender ata que punto o pasado inflúe no que hoxe sucede nas nosas sociedades.
Nun viaxe magnético polas páxinas do libro de Xosé Monteagudo, iremos cun emigrante galego ata Arxentina, viviremos alí un tempo vendo o devenir de Amaro. Él representará a todos os emigrantes galegos e nos amosará as dificultades que pasaron para sobrevivir noutros lugares. Homes e mulleres que sen ter coñecementos de apenas nada abren unha nova porta nas súas vidas para sair adiante.
Con esa parte da nosa sociedade, viaxan a señardade, a inquedanza e o descoñecemento. Éstes compañeiros de aventura non os deixarán nunca. A emigración en Galicia non podemos negar que deixou un pouso importante na nosa cultura e na forma de ser dos galegos durante xeracións. Coa volta de moitos deses homes e mulleres chegaron novas formas de ver e de enfrontarse a vida, novos coñecementos e novas influencias que afectarían a Galicia e o seu progreso.
A República, a Guerra Civil e a dictadura de Franco serán protagonistas tamén nesta novela. Xosé Monteagudo reflicte perfectamente no seu libro o contexto histórico dese momento en Galicia. O fará a través das vivencias dos seus persoaxes e das situacións nas que se ven metidos, os sentimentos dos persoaxes reflectirán o medo e as inquedanzas da sociedade daqueles momentos, máis tamén a superioridade e o poder que outra banda da sociedade adquiriu e utilizou para someter os que non estaban dacordo coas súas ideas.
"Todo canto fomos" amosa a importancia que a educación e a prensa teñen para os gobernos, ambos son mecanísmos para fomentar a cultura e a información veraz ó pobo, e a certos gobernos non lles interesa que o pobo teña cultura e menos aínda información veraz do que fan os seus gobernantes. Así, un goberno ilexítimo o primeiro que fai é silenciar a prensa mediante o peche de periódicos e imprentas e controlar a educación que se lle imparte o seus cidadáns. Non dubidará en obrigar os mestres a ensinar dunha maneira moi determinada, e sempre unhas materias que vaian acorde coa ideoloxía dese goberno. Eliminar a todos os que vaian encontra non será un problema, e mediante asasinatos, torturas, secuestros, chantaxes, traizóns...sacarán de diante a todo aquel que quera arrebatarlles o poder.
A través de saltos no tempo, e tamén alternando as historias dos distintos persoaxes, o autor irá amosando tamén outras temáticas interesantes, a emigración, a loita de clases, o papel da muller na sociedade, o papel da Igrexa e as súas ideoloxías e o seu enfrontamento coa ciencia, os oficios artesanáis naqueles tempos, como o curtido ou a pesca. Os orfanatos, o mundo dos escritores e das editoriais, a importancia dos libros, do cine e do teatro. É un libro con moita información interesante que vai deixando pouco a pouco o longo de todas as aventuras que aquí se narran.
"Todo canto fomos" foi catalogada como mellor novela na II Gala do Libro Galego no ano 2017, e penso que é ben merecido, porque o autor consigue que o lector manteña o interese durante toda a lectura do libro, ata o final.O misterio reina na novela e se vai descubrindo pinga a pinga. É unha historia dura, pero non poderedes deixar de ler, os persoaxes están perfectamente definidos e todos eles teñen características moi interesantes, pola súa personalidade e polas súas vivencias. Todos aportan algo importante .
Seguramente quedan moitas cousas que contar do libro, pero eu só podo dicir que non dubidedes en leélo, é unha moi boa novela, polo que conta, por cómo o conta. Interesante, misteriosa, magnética, un contexto histórico real ainda que con persoaxes de ficción, un novelón¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Comentarios
Publicar un comentario