"A lus do candil" de Anxel Fole
Ola a tod@s: Tedes aquí o libro "Á lus do candil" do escritor Anxel Fole unha obra reflexo das costumes da miña terra, costumes eu penso que xa perdidas, de tempos nos que non existian a televisión, nin a radio e onde as familias se reunían arredor da lareira para contar historias, unhas veces de risa, outras veces chismes da vila e outras...outras contábanse contos de medo....contos nos que os lobos, as meigas, os aparecidos revolotean causando arrepío. No meu caso, o libro fai anos que o teño, xa que o lín cando estaba no instituto xa fai mil anos ou máis...é unha edición do ano 1986 da Editorial Galaxia . Foi unha boa experiencia leélo de novo¡¡ A portada do libro xa é bastante desacougante con esos ollos dun lobo famento, penso eu. O libro con 162 páxinas e un pequeno indice de vocabulario, contén no seu interior quince pequenos relatos de pouquiñas páxinas cada un, pero moi ben estructurados, no que se conta o relato e se describen ós persoaxes sen necesid...