"A lus do candil" de Anxel Fole

Ola a tod@s:

Tedes aquí o libro "Á lus do candil" do escritor Anxel Fole unha obra reflexo das costumes da miña terra, costumes eu penso que xa perdidas, de tempos nos que non existian a televisión, nin a radio e onde as familias se reunían arredor da lareira para contar historias, unhas veces de risa, outras veces chismes da vila e outras...outras contábanse contos de medo....contos nos que os lobos, as meigas, os aparecidos revolotean causando arrepío.

No meu caso, o libro fai anos que o teño, xa que o lín cando estaba no instituto xa fai mil anos ou máis...é unha edición do ano 1986 da Editorial Galaxia. Foi unha boa experiencia leélo de novo¡¡

A portada do libro xa é bastante desacougante con esos ollos dun lobo famento, penso eu. O libro con 162 páxinas e un pequeno indice de vocabulario, contén no seu interior quince pequenos relatos de pouquiñas páxinas cada un, pero moi ben estructurados, no que se conta o relato e se describen ós persoaxes sen necesidade de moitas voltas. Contos que te espantan ou cando menos te fan pensar, pois o autor xoga cos equivocos e confunde ós persoaxes, que pensan que ven pantasmas cando son persoas de carne e óso o que están a ver. Gustoume moito o conto "Os difuntos falaban Castelao"...Algúns dos aparecidos maniféstanse a través dos pesadelos (Viña do alén, Arxemiro...) noutros son as pantasmas ou a propia morte a que aparece directamente ante os persoaxes.

As historias son sinxelas, e comparadas con moitas das peliculas que vemos hoxe en dia, moito medo non dan, pero contadas nas noites de inverno, con vento e chuvia fora da casa e sen luz, arredor dun candil, pois naqueles tempos sí que daban medo.

Pero este libro esconde aínda máis cousas interesantes, pois atoparedes aquí unha descripción de moooitas costumes de antes e tamén afortunadamente de agora como as feiras, as romarias, as festas (hoxe en día se di que Galicia en verán é a terra das mil festas, pois alá a onde vaias hay una romaría ou unha festa gastronómica...), as queimadas, os magostos. Fálase tamén de oficios tradicionáis da nosa terra, a colleita, a recollida das castañas, os carboeiros, os que traballan a pizarra entre outros, e veredes tamén referencias as vestiduras de antes, como aquelas capas de xuncas ou os zocos.

Para situarnos, fan unha intesa descripción da zona onde se atopan os persoaxes que contan os contos, a través de un vocabulario rico e moi especifico da localidade onde se atopan , neste caso no Courel.

Un libro cortiño, intenso e con algo de humor tamén, no que aprenderedes usos e costumes da miña terra, sentiredes medo no corpo e veredes aparecidos, lobos e  meigas..si si...meigas e tede en conta que as meigas seeempre acertan , así que moito ollo!!

Comentarios

  1. Nunca lera unha reseña deste libro pola blogsfera, quedeime con gañas de lelo.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Belinda, gracias por vir, eu leíno fai moito tempo, e certamente pasas un bo rato , son historias cortas e amenas, cun pouquichiño de medo, bruxas, cadaleitos e fantasmas...uuuhhhh¡¡ Eu recomendo a súa lectura, é cortiño e moi entretenido. Un saudo Belida guapa¡¡

      Eliminar
  2. Volvín atrás no tempo mentras o leía. Gustoúme xa non tanto polos contos que como bien dis son sinxelos e máis entretidos que de medo, como polas descripciós dos lugares, das costumes e das xentes. E fíxate que cousas, costumes ou tradicións, o non sei como chamalas como o de alimentar ós porcos con castañas que hoxe tratran de vendernos como una cousa fabulosa e recientemente, xa se facía na nosa terra dende sabe dios cando...Esas son as cousas que me gustaron do libro. Esos lugares fermosos con ríos e bosques frondosos e tranquilos, me dan verdadeira envexa, polo relaxado,polo alexado destas cidades nosas ruidosas e moitas veces molestas. Sí, gustóume moito. Gracias pola recomendación. Ah!!! e disculpa o meu galego que xa tiña olvidado. Vicky

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Vicky, gracias por vir a ler. Tes razón que as descripcións son moi boas, cun vocabulario rico , tamén pensei eu o mesmo cando lin o da alimentación dos porcos¡¡ jaja. É un libro no que as costumes galegas teñen gran importancia e se mostran de maneira moi entretida. Un saúdo

      Eliminar
  3. Bos días,somos alumnos de 4ºC da ESO do colexio Compañia de Maria Santiago.
    Despois de lido o contiño vimos a representación audiovisual, tamén limos este comentario e parecenos que foi acertado, porque:
    -Ambientación
    -Temas da nosa tradición(Meigas, santa compaña...)
    -Lingua específica do "Courel"
    -Estilo de vida do momento
    AGRADECIDOS OS ALUMNOS DE 4ºC DA COMPAÑIA DE MARIA E A NOSA PROFESORA MILAGROS PARABÉNS¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola amigos¡¡ Un pracer saber que acertei na miña recomendación, feliz de saber que os gustou tanto a súa lectura¡¡ Espero que sigades disfrutando da literatura galega que ten moitas e gratas sorpresas e moi contenta de que a xente xoven lea¡ Parabéns para vosoutros por ser tan guays¡¡ Bicos meus¡¡

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández