Caprichiños en galego

Un saúdo a tod@s

Atópome de novo por aquí para ensinarvos uns cantos libros que atopéi en galego e que me teñen moi boa pinta. Non sei se os mercaréi ou non, pero ahí volos deixo para que votedes un ollo.

"A maleta de Victoria Kent" de Xerardo Agrafoxo

Título: A maleta de Victoria Kent
Autor: Xerardo Agrafoxo
Editorial: Galaxia
Ano: 2014
ISBN: 978-84-9865-537-7

Tres días despois do comezo da rebelión militar no Protectorado de Marrocos, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase na columna de mineiros que intenta parar o golpe de estado en Galicia. Ante o fracaso desta desesperada acción, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os outeiros da serra ou fuxir nun dos vapores que saen do peirao de Vigo cara a Buenos Aires. A inesperada aparición dunhas cartas, que descobren unha historia de amor oculta, condicionará o seu destino. Así é o argumento desta novela que destaca pola precisión da súa trama, a destreza amosada na descripción dos personaxes e o retrato que se realiza dunha época marcada pola violencia.

 "A memoria da choiva" de  Pedro Feijoo Barreiro

Titulo: A memoria da choiva
Autor: Pedro Feijoo Barreiro
Editorial: Xeráis
Ano: 2013
ISBN: 978-84-9914-570-9

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano... Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras

Comentarios

  1. Lo que me estoy perdiendo, ni siquiera estaba al día de autores o libros actuales.Pienso leerlos lo antes posible porque me han parecido super interesantes.Vicky

    ResponderEliminar
  2. Ola outra vez, pois agora xa coñecerás máis libros, ven e verás¡¡ Un saúdo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández