Xabier López López


Xabier López López (Bergondo, 1974) é avogado pola Universidade de A Coruña. Presidiu a Asociación Cultural Eira Vella entidad editora da revista "A Xanela".

Publicou a súa primeira obra literaria, Biff, Bang, Pow! (Novela case negra), no ano 1997. Logo da boa acollida desta orixinal parodia do xénero detectivesco ateigada de referencias ao mundo do cinema, acadou unha especial repercusión crítica coa novela Doutor Deus, situándose entre os narradores galegos dos noventa que integran no seu discurso un afán de renovación e unha necesidade de se vencellaren á narrativa contemporánea universal.

Posteriormente con O caderno, obtivo o Premio Risco de Literatura Fantástica 2001 e, ao ano seguinte, o Lueiro Rey de Novela Curta con O mono no espello.  

A estraña estrela mereceu unha tradución ao portugués. A vida que nos mata recibiu o Premio García Barros 2003.

En 2007 publicou, tamén en Galaxia, Trinta e dous dentes, que foi finalista do Premio Torrente Ballester.


Obras de Xabier López López no catálogo:
- A estraña estrela ISBN: 978-84-8288-582-7
- A vida que nos mata ISBN: 978-84-8288-639-8
- Trinta e dous dentes ISBN: 978-84-7154-000-3
- Os libros prestados ISBN: 978-84-9865-302-1
- Cando Artur non era rei ISBN: 978-84-9865-467-7
- Olympia Ring, 1934 ISBN: 978-84-9865-544-5
- Biff, Bang, Pow! ISBN: 978-84-9865-579-7


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández