Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Novela histórica en galego

"Os nenos da varíola" de María Solar

Imagen
María Solar, lévanos ata 1803, ata A Coruña, e amósanos a organización dunha viaxe de vital importancia para toda a humanidade. Unha viaxe chea de perigos, de incertidume e tamén unha viaxe esperanzadora. Aqueles que a realizaron, son heróes porque coa súa valentía, levaron saúde por alí onde estiveron. A viaxe, remata en 1980, momento no que a varíola queda erradicada no mundo. Pero, pouco o nada se sabe daquelas persoas, que levaron a vacina dun lugar a outro, para conseguir sandar a aqueles que caían nas gadoupas desta terrible enfermidade. Ata a chegada dese intre, moitos perderon a vida por este mal. Gracias a investigación de María Solar, e a realización desta obra, moitos coñecemos a importancia que tivo Galicia no espallamento da vacina por América. Naqueles tempos, a xenerosidade e o altruísmo fixeron posible a superviviencia de moitas persoas, a supervivencia da humanidade,e o fixeron por amor ós sus semellantes e non pediron nada a cambio. Este, é un tema moi de actualidade ...

"Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo

Imagen
Un novo libro nas miñas máns, " Todo canto fomos " do escritor Xosé Monteagudo tráeme ata aquí para falar un pouco de libros e boa literatura. Pertence este libro a colección Literaria da Editorial Galaxia. Este libro ven a demostrar que todo o que hoxe somos, ben marcado polo que fumos no pasado e polo que neses tempos anteriores fixemos e nos fixeron. Todo canto fomos é o que marca a nosa existencia e nos fai o que hoxe somos, a nosa personalidade, as nosas pautas de comportamento e a nosa forma de relacionarnos cos demáis. Pero non só a nivel persoal, non, tamén a nivel social. A nosa sociedade é así hoxe por todo o que pasou no pasado, e este libro axuda a comprender ata que punto o pasado inflúe no que hoxe sucede nas nosas sociedades. Nun viaxe magnético polas páxinas do libro de Xosé Monteagudo, iremos cun emigrante galego ata Arxentina, viviremos alí un tempo vendo o devenir de Amaro. Él representará a todos os emigrantes galegos e nos amosará as dificult...

"As últimas galerías" de Xosé María Álvarez Cáccamo

Imagen
" As últimas galerías " é o título do libro que escribiu Xosé María Álvarez Cáccamo . A Editorial Galaxia trouxo ata as nosas máns este libro que está dentro da colección Literaria e eu estou máis que segura de que todos aqueles que a leades, recomendaredes a súa lectura os vosos amigos e amigas. Creo que gardaréi este libro entre uns dos meus preferidos de entre os moitos que xa lin en lingua galega. Preguntarédesvos cal é a razón , pois volo vou contar. Teño que dicir deste libro que, polas súas páxinas brota a Empatía, desborda a empatía, o autor ten unha moi boa capacidade para facer sentir as sensacións e sentimentos encontrados que o fillo de Amalia vai amosando o longo da súa novela. A descripción que o narrador fai dos seus sentimentos calan na mente do lector, ou polo menos a min fíxome comprender moi ben cómo se pode sentir un fillo cando vai vendo que a súa nai se borra polo camiño. Sintes perfectamente como un baleiro enorme vai enchendo a alma do fillo ó...

"Fábula" de Xavier Alcalá

Imagen
Tiven nas miñas mans un libro de título " Fábula " do escritor Xavier Alcalá , editado pola Editorial Galaxia e  está cheo de memoria. Memoria sobre a historia de España e a historia de Galicia tamén. Esta novela publicouse por primeira vez en 1980 e recibiu o Premio Nacional da Crítica nese mesmo ano. Non é de extrañar que o recibira porque esta novela sin dúbida é diferente. Situada na época da Transición española, a través da voz dos seus persoaxes remontarémonos na historia ata a Guerra Civil española , é durante a guerra onde se desenrolan todos os males que despois treaerán unha ringleira de vinganzas. Os feitos nárranse aquí dunha maneira orixinal, pois nalgúns intres o autor utilíza o xénero periodistico e por outros o relato novelado ou o relato en primeira persoa o que fará da novela en xeral unha historia axil e rápida de ler, e moi entretida. Caciques, periodístas, políticos, traballadores,  matóns descerebrados e emigrantes que fuxen e volven co t...