Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Guías visuais de Galicia

"Centro histórico de Vigo. Guía visual" de Basilio Cegarra

Imagen
Ola a tod@s, aquí vos amoso unha novidade da Editorial Galaxia , de titulo " Centro histórico de Vigo. Guia visua l", de Basilio Cegarra . Téñoo agora mesmiño entre as miñas mans, e non podo menos que quedar abraiada polo paseo que estou a comenzar polas súas páxinas e tamén polo Vigo algo olvidado xa na miña cabeza. A Editorial lévame de novo os comenzos do meu blog onde falaba dunha cidade relacionada coa novela que estaba a ler, e tráeme un mundo novo no meu blog, o mundo da cidade de Vigo, na provincia de Pontevedra. Atoparedes aquí  un libro formidable, breve nas súas explicacións pero suficientes ao estar acompañadas de coloristas fotografías de todo o percorrido. Comenza o libro cunha breve presentación do casco vello de Vigo, un dibuxo da antiga muralla amáis doutros que reflicten  tamén distintos espazos da cidade, entre eles unha fermosa fotografía que ensina unha estampa costumista onde se pode ver os cidadáns daqueles tempos posando a dístancia para o fot...