"Cuestións vitáis secretas" de Iván García Campos

" Cuestións vitáis secretas " libro escrito polo autor Iván García Campos e editado pola Editorial Galaxia , trae novas sensacións ós lectores, novas reflexións. Iván García Campos, con moita sabedoría, trae pequenos relatos ata as nosas mans, relatos de vidas sinxelas, de personaxes da rúa dos que ninguén pode pensar que teñan unhas vidas moi interesantes, máis aquí con cada un deses homes e mulleres atoparedes uns diálogos non escritos, uns diálogos silenciosos que todas as vidas levan consigo. O autor move a nosa curiosidade con cada unha das historias que nos conta, cada conto leva un fio que nos mantén pegados a narración, e nos fai sentir coma se nós mesmos fóramos o personaxe en cuestión, e cando nos damos conta, chegamos a conclusión do que o autor nos quere dicir co título do libro. "Cuestións vitáis secretas" trae as nosas máns eses dilemas que temos todos na vida, dilemas que non podemos expresar en voz alta, trae a nós a reflexión sobre...