Entradas

Mostrando entradas de julio, 2016

"Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos" de Benigno Campos

Imagen
Novo libro de Benigno Campos de título " Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos " que a Editorial Galaxia inclúe neste caso no seu apartado de Cociña. Un libro de 168 páxinas que agocha un total de unhas perfectas 150 receitas de peixe e mariscos moi apetitosas, todo hai que dicilo. 150 receitas das que, tras comparar este libro co seu libro " A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos ", vemos que nesta ocasión na súa labor de investigación o Señor Campos atopou unhas 89 receitas novas (non comparéi con todos os seus libros) e algo así como unhas 70 das súas recetas xa apareceron en libros anteriores. Por suposto, estou a falar soamente de receitas peixes, mariscos e empanadas. Receitas explicadas con sinxeleza nas que acompaña unha suxerencia dun viño co que refrescar as gorxas no xantar das mesmas.  O libro divídese en tres partes, unha maravillosa de Empanadas, onde todas son receitas novas menos unha desas empanadas que xa

Benigno Campos

Imagen
Benigno Campos, naceu en Chapela, e traballou nunha empresa da construcción naval, mais tras ser prexubilado descubriu que a cociña era unha das súas paixóns, así que meteuse na cociña ata tal punto que rematou participando nun programa na Televisión de Galicia sobrecociña galega. Co nome de Larpeiros, o programa convertiuse nun éxito de pantalla, o que levou a Benigno a publicar as receitas do programa nunha serie de libros, acollidos tamén con moito éxito entre os lectores e cociñeiros. Os seus libros.... - A cociña de Benigno Campos -  Cociñando con Benigno Campos - Novas receitas da cociña de Larpeiros - Volve a cociña de Larpeiros - A  cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos - Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos