Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

"Almas de algodón" de Enric Lluch

Imagen
De novo de volta, e nesta ocasión falando dun pequeno libro infantil de título " Almas de algodón " do escritor Enric Lluch .  A Editorial Galaxia trae un libro para os pequenos cunha traduccion feita por María Dolores Villanueva Gesteira e tamén cunhas ilustracións de Pablo Oliveiro en branco e negro que farán a lectura moito más amena os mais pequenos da casa. Nesta ocasión, teremos nas nosas mans un libro no que tocarán o téma da discapacidade intelectual, e o farán dunha maneira amena e cun vocabulario fácil de entender para os nenos. Coñeceredes ó pequeno Carlos, un neno con memoria pequena, pero un gran neno. Saberedes das súas dificultades para adaptarse as novas situacións, das complicacións que para él supoñen as pequenas cousas da vida e os problemas que pode ter para coñecer amigos dada a incapacidade que as veces ten a sociedade para aceptar as diferenzas que teñen os demáis e para entender o que é unha discapacidade intelectual e como tratar con as pe

Enric Lluch

Imagen
Enric Lluch, autor do libro "Almas de algodón", é un escritor que fundamentalmente publica en valenciano. Forma parte de importantes asociacións como o PEN Clube. Unha das cousas que fai continuamente é visitar as escolas para falar dos seus libros, comentándoos e aprendendo dos comentarios das lectoras e lectores. A súa obra está traducida, ademais de para o galego, para o eúscaro, castelán, inglés, francés, alemán, portugués, chinés, grego, polaco, xaponés e incluso par o sistema Braille. Ten máis de cen obras publicadas, destacaremos unhas cuantas: - Caperucita y el lobo bobo - Siete cabras cabreadas - Las increibles botas del gato - Los músicos que braman - El saxofonista de Hamelín - Tres cerditos duros de roer - Un quijote en bicicleta...

Fragmento de "Almas de algodón" de Enric Llunch

Imagen
"O mestre comeza a debuxar figuras no encerado. Cando acaba, pregunta a un neno da primeira fila como se chama a primeira figura que debuxou: -Rectángulo- contesta o rapaz. A continuación, sinala a segunda figura e pregunta coa súa voz forte: -A ver, o novo, como se di esta? Carlos sente un bum-bum no medio do peito. Centra a vista atentamente no debuxo e contesta cun fiíño de voz: -É unha tenda de campaña... Toda a clase escacha a rir. Ata o neno gordo da esquerda da palmadas sobre a mesa mentres ri con toda a forza. Xaime manda calar o barullo e observa a Carlos como o faría un gabíán. -Asi que unha tenda de campaña...-e engade-: Á hora do recreo espérasme, que teño que explicarche algo. Un pouco despois soa o timbre. O mestre fai un sinal e todos saen da clase. O neno gordo, mentres pasa por diante de Carlos, rosma: -Ti es parvo ou que? A nena con pencas non dá un chío. Tan só pasa ao seu carón máis estirada ca unha palmeira."

"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

Imagen
" Amor é unha palabra coma outra calquera " é a derradeira novela de Francisco Castro , un libro publicado pola Editorial Galaxia da súa colección Literaria . Francisco Castro amósase aquí coma un mentireiro porque él ben sabe que "Amor" non é unha palabra calquera, o sabe él e o saben os personaxes da súa excelente novela. É unha obra corta, unhas doucentas vinte follas, con capítulos de títulos moi orixináis non moi longos, máis o que si é, pódese dicir con tranquilidade, é unha novela diferente, adictiva, misteriosa. É unha novela que vos fará pensar e que os romperá un pouco os esquemas cando empecedes coa súa lectura. Como ben sendo habitual en min, non falaréi do argumento da novela, para eso ides tela que ler, pero si vos diréi que é unha novela no que tal vez o importante é, non tanto o argumento en sí mesmo, senón o trasfondo da novela . Porque "Amor é unha palabra coma outra calquera" é unha novela de misterio con moito trasfondo.

Fragmento de "Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

Imagen
" Aquela escena, a da ruptura, aconteceu porque Xabier quixo que acontecese. Como en tantos outros momentos da súa vida foi el que actuou e ela quen reaccionou. Así foi sempre. Ela viviu pregando a súa vontade á vontade del. Mais cando tal se fai, cando alguén actúa así, no fondo é porque se agarda algo, algún premio, algunha recompensa, neste caso, emocional. E que era o que ela esperaba?, que buscaba? Ela diría: nada. Absolutamente nada. Eu nada buscaba. Amar é dar. Amor é Dar. Amor é renunciar para que o outro sexa. Amar é sacrificar por un soño común. Si, Carla, isto xa o falamos. E xa dixemos que  é un erro. Porque non hai un proxecto común. Hai como moito, proxectos. Proxectos dos dous, pero cada un co seu. O de  Xabier estaba claro e era realizable sen grandes complicacións: vivir ben, traballar duro, e estar tranquilo na casa. Contigo. O teu, non obstante, era moito máis fodido: facelo feliz, que el me faga feliz, sermos felices os dous xuntos polo feito de o estar. Iso

"O álbum de Garrincha" de Beatriz Maceda Abeleira

Imagen
Novo libro para os máis pequenos da casa, de título "O álbum de Garricha" da escritora Beatriz Maceda Abeleira . A Editorial Galaxia achéganos un libro de portada colorista cuias ilustracións veñen da man de Laura Beleiro, e está incorporado na sección Árbore para nenos maiores de 10 anos. Nesta ocasión, presentan ante nós un pequeno libro que aportará un montón de coñecementos sobre a historia do fútbol dunha maneira entretida e divertida. Vosos fillos e fillas, coñecerán quen foi Garrincha (eu teño que recoñecer a miña ignorancia suprema sobre o téma, non son futbolera), os seus éxitos e as súas limitacións que soubo facer virtudes¡¡.  E irán vendo como, pouco a pouco, se vai facendo un futbolista, a base de esforzo e tesón, de perseverancia e de confianza en sí mesmo. Valores, que todos debemos fomentar nos nosos cativos. Os nenos saberán así, que para acadar os seus desexos e anhelos deberán loitar por eles e que para logralos, a perseverancia e a formación

Beatriz Maceda Abeleira

Imagen
Beatriz Maceda Abeleira, é a autora do libro infantil " O álbum de Garricha " publicado pola Editorial Galaxia. Beatriz naceu na Coruña. A  carón da súa casa estaba o mar, e a súa presenza tíñaa fascinada xa desde moi nena, mais nunca foi que de aprender a nadar. Iso si, fartouse de comer percebes, cando os percebes case eran tan baratos cama os flocos de millo. Aos catro anos, por mor do traballo do seu pai, marchou vivir a Vilalba. Cambiaba o mar herculino poo río Madalena, no que nunca se lle ocorreu ni meter a punta dos pés. A auga estaba tan fria, que os seus amigos saían todos morados despois do baño. Nesta vila pasou parte da súa infancia e adolescencia, para logo regresar á Coruña, onde reside actualmente. De nena viaxou moito e coñeceu moita xente: un neno que se chamaba Jum Hawkins, o fillo do dono dunha pousada chamada Almirante Benbow; deu A volta ao mundo en 80 días e coñeceu a Phileas Fogg, un refinado e excéntrico cabaleiro inglés que xogou a me