"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

"Amor é unha palabra coma outra calquera" é a derradeira novela de Francisco Castro, un libro publicado pola Editorial Galaxia da súa colección Literaria.

Francisco Castro amósase aquí coma un mentireiro porque él ben sabe que "Amor" non é unha palabra calquera, o sabe él e o saben os personaxes da súa excelente novela. É unha obra corta, unhas doucentas vinte follas, con capítulos de títulos moi orixináis non moi longos, máis o que si é, pódese dicir con tranquilidade, é unha novela diferente, adictiva, misteriosa. É unha novela que vos fará pensar e que os romperá un pouco os esquemas cando empecedes coa súa lectura.

Como ben sendo habitual en min, non falaréi do argumento da novela, para eso ides tela que ler, pero si vos diréi que é unha novela no que tal vez o importante é, non tanto o argumento en sí mesmo, senón o trasfondo da novela . Porque "Amor é unha palabra coma outra calquera" é unha novela de misterio con moito trasfondo.

Penso que desta vez, o autor, Francisco Castro toleou, si, si, toleou de todo!!. Penso que tivo unha idea xenial un día pola mañá cando espertou, correu a coller un lapiz e escupiu todo o que o seu maxin tiña que dicir nun papel...e saíu esto...unha obriña xenial¡¡ Francisco Castro tiña necesidade de contar...e escribiu, escribiu e escribiu e dunha maneira maxistral fixo unha novela onde os os diálogos e a narración mestúranse formando unha estructúra única, pero ainda que todo sexa de corrido, e o autor só toma folgos cando crea un novo capítulo, digo que sorprenderavos o ben que se pode ler e comprender a novela. Saberedes perfectamente cando fala o autor ou o narrador, cando un persoaxe ou simplemente cando tedes ante vos unha simple descripción. Acertaredes  coa tonalidade do diálogo e coa intención de cada unha das frases do libr. A min tróuxome a mente a un Saramago brillante no seu libro "Ensayo sobre la ceguera" onde utiliza o mesmo recurso que Francisco nesta súa nova novela. Estou segura que uns cantos deixaredes a novela en canto comprobedes o que vos digo...perderedes un bo rato de lectura xa volo digo agora.

O autor, déixa pasmados ós lectores ante a evolución dos acontecementos na novela, acontecementos que amarran ó lector á lectura , unha pola historia de misterio que desenrola, máis tamén polo análise que se vai facendo aos poucos por todo o libro, reflexións ben traídas que vos fará pensar moito sobre o amor, o téma principal, o Amor que todo o move neste mundo ainda que moitos non o queran ver. O libro é unha gran reflexión sobre o Amor e a vida, unha forma de constatar que neste mundo todo o que se fai e se desfai é por unha razón moi importante: o amor.

Pero eu engadiría máis, eu vexo nesta obra que é un libro sobre as mulleres, a súa evolución e o seu despertar ó longo do tempo. Os cambios de Carla nesta novela, amosan como a Muller evoluciona nas súas formas de pensar ao longo da historia, vai mudando o seu concepto do Amor, e se rebela ante unha sociedade machista que a quere someter e non a acepta tal cual ela é. Se libera pouco a pouco desas cadeas, e vai amosando cales son as súas necesidades e os seus desexos, demostrando que esa independencia e esa forma de ser e de ver a vida que teñen as mulleres enriquece á sociedade, abrindo novas vías de convivencia e crecimento da sociedade da que forma parte. Carla muda a súa forma de ver a vida e o amor, e se enfronta a un cambio radical na súa forma de vivir que lle amosa a realidade que nunca quiso ver, porque ela seguía un codigo de conducta que a sociedade lle inculcara dende pequena , un código de conducta no que a muller o da todo para facer feliz a súa parella, deixando de lado as súas propias necesidades.

As mulleres abren os ollos ante o mundo, un mundo no que se prepara ós homes e ás mulleres a loitar, a estar preparados para enfrontarse a todo o que a vida te pon por diante...pero non a loitar cos sentimentos, coas emocións. A sociedade actual non ten manual de instruccións para solventar os problemas derivados das emocions cambiantes e os sentimentos do resto de seres humanos e ante esa carencia as sociedades improvisan e baten con violencia ata atopar a solución correcta.

A través de Carla e a súa conducta, veremos tamén a  importancia de quererse a un mesmo para logo querer ben os que teñes o teu redor, a famosa autoestima , que fai maravillas pois permite ver cando se os que teñes cerca te manipulan, te pisan ou te maltratan psicolóxicamente; unha autoestima que permite distinguir tamén  a aqueles que te queren ben. En fin, penso que o persoaxe de Carla da para moito que falar e para moito que pensar, e xa non vos digo máis...porque logo temos a César...e Xabier..en fin...un trio que reflexa distintas formas de amar e de entender o amor que dará que falar.

Son moitos os interrogantes que trae o libro sobre o amor, que buscamos na parella? por qué sentimos dunha maneira cunha persoa e con outras doutra? e tan malo o sexo sin amor? cómo podes saber se o que sinte o outro é amor realmente, ou apego, ou simplemente atracción sexual?cal é o mellor xeito de vivir en parella? dous que se queren poden non querer estar sempre xuntos?.ata que punto é lícito deixar que o outro/a renuncie as súas cousas para que a súa parella consiga os teus ideáis?.. que queren os homes das mulleres e viceversa?...moitas moitas preguntas. 

Pero tamén resaltaría do libro ese mensaxe que manda de Carpe Diem, de aproveita o que tes aquí e agora porque o pasado xa pasou e o futuro e incerto...e perdemos moitas cousas bonitas e boas que tal vez logo non podamos levar a cabo, perdemos amistades, experiencias, cousas que aprender, cousas sinxelas que vamos deixando a un lado e que logo non podemos levar a cabo porque neste mundo temos o tempo contado, nos guste ou non.

Penso que é unha novela desas que cada vez que a lees atopas un novo matiz, unha nova reflexión que en lecturas anteriores habías pasado por alto, un libro entretenido e profundo que amosa claramente que Amor, non é unha palabra calquera. Para min unha novola excelente que recomendo ler a tod@s¡¡¡¡ Francisco, parabéns por esta nova novela túa, non deixa indiferente, fai pasar un rato agradable e da moito moito que pensar ata a derradeira das súas follas. Agora só queda unha pregunta que facer...Francisco...para cando unha nova novela?¡¡



Comentarios

  1. Gustóume moitdso, e aunque a historia en sí e bastante normalita, o mellor de todo é o que sinte en todo momento a protagonista. Estoy segura que moitas mulleres se identificarán con ela, co que significaba para ela o amor e o moito que aprendeu con esta experiencia. Vemos claramente como, en ocasións, algunhas mulleres se van facendo dependentes do seu home porque creen que ten que ser así, e quitan importancia os desprezos, as faltas de respeto, as faltas de amor hacia elas, como en un estúpido intento de autoconvencerse de que o amor delas hacia eles é suficiente para que a parella sexa eternamente feliz. Unha das cousas que máis me chamou a atención foi como había delegado todas a cousas importantes da vida no seu marido ata o punto que nin sequera sabía o que había que facer o falecer un familiar... Sempre con esa necesidade de protección masculina para no pensar, para non sufrir... Pero bueno, parece que espabilou... o esa e a miña impresión; aunque tamém penso que si non acabara así, non volvería a caer nos mesmos errores? Bueno, gustoume moito e espero que as mulleres que o lean pensen o moito que valen por si mesmas, e que aunque está ben ter parella nunca deben ter unha dependencia tal que as anule case por completo, porque o amor verdadero é un sentimento de doble dirección. Vicky. Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Ola Vicky, estou feliz ó saber que disfrutaches coa lectura do libro. Este é sin dúbida un exemplar no que se agochan moitas lecturas, un asasinato e unha historia de amor, un libro sobre como son algunhas mulleres ante o amor, os problemas de autoestima das mulleres...é un libro sobre as mulleres penso eu. Son moitas as mulleres que por cumplir os desexos da súa parella olvidan a súa vida, os seus desexos e entran nun túnel onde elas deixan de existir e caen en tremendas depresións e a súa autoestima resulta destruida. As veces o fan sen se dar conta, outras veces o fan porque son manipuladas por maridos con autoestima estropeada que teñen que sobresair por encima da muller e ser o centro de atención, utilizando a súa muller como ferramente para crecer, escrava...En fin, un libro para ler por mulleres e tamén por homes para que sepan como fan sentir as mulleres as veces. Bicos ¡¡

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández