Novidades da Editorial Galaxia
Ola a tod@s, aquí tedes as novidades que a Editorial Galaxia achega as nosas librarías e que estou segura será do agrado de moitos de vosotroutros/as. " Raiolas de sol " do autor Antonio García Teijeiro , un libro onde atoparedes un conxunto dos novos relatos nos que atoparedes pequenas historias que abren pequenas fiestras a outras realidades que non pederedes nin imaxinar. Unha mestura de persoaxes, vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a deixar cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Unha das obras máis delicadas da produción, intensa e tamén chea de luz, de Antonio García Teijeiro. Eu non lin nada aínda deste autor así que animareime con estes pequenos relatos e logo xa se verá. Gustoume polo de pronto a súa portada, colorista e bucólica, así moi dos anos 60... Outra das novidades que nos achega a Editorial Galaxia é " A garza insomne ", un volume que reuno os relatos -finalistas e g...