Novidades Editorial Galaxia
"Fábula"
XAVIER ALCALÁ
Colección LITERARIA
EDITORIAL GALAXIA 2015
292 páxinas
P.V.P: 17 € Ive incluido
ISBN: 978-84-9865-601-5
Publícase a sexta edición de Fábula, novela coa que Xavier Alcala obtivera o Premio da Crítica Española en 1980. O autor da triloxía "Evanxélica memoria" define esta obra agora reeditada como unha novela "adherida á memoria viva". Un long-seller que chega outra volta aos lectores co mesmo pulo da primeira edición.
Xavier Alcalá escriiu Fábula a partir de testemuños do que el denomina "memoria viva" dos feitos. Se toda a obra do autor de A nosa cinza ten unha querencia especial pola recreación de fontes orais e mesmo documentais, esta novela, escrita corenta e tres anos despois do inicio da Guerra Civil e artellada en diferentes planos de acción, tamén é unha recreación de sucesos e personaxes de pasado. O relato organízase, pois, en planos de acción que enfrontan a Guerra e a Transición Democrática, a Galicia da Longa Noite de Pedra e as Américas do exilio.
Gañadora do Premio Cidade da Coruña, a novela emprega "fórmulas estruturais orixinais", segundo a opinión da crítica (véxase o Diccionario da Literatura Galega I). Amor, odio, morte, vinganza e un segredo inconfesable marcan a trama dunha obra que, a parte das sucesivas reedicións en Galaxia, tamén foi publicada por La Voz de Galicia en 2003 e da que se fixo unha versión en castelán en 2011.
XAVIER ALCALA (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enseñeiro de telecomunicacións, amais de colaborador na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén a desventura novela coa que obtendría o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba.
Fábula!!! Estaba segura de que o tiñamos na casa e tiña razón. Tiven que leelo para un traballo de clase, fai xa bastantes anos disto, así que será un verdadeiro pracer volver a leelo dende o paso do tempo, e con calma e con outra visión da vida e da historia, Gracias . Vicky
ResponderEliminarPois xa sabes Vicky a releeo xa¡¡¡¡ E logo ves a darme unha visita ó blog. Bicos
ResponderEliminar