María López Sandez
Maria López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no ensino secundario no IES Xulián Magariños (Negreira) e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC.
En 2007 foi galardoada co Premio Ramón Piñeiro de ensaio pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio e, en 2012, co Premio Repsol de Narrativa breve por A forma das nubes. Ambos libros publicados pola Editorial Galaxia.
Tamén é a autora do libro "O faro escuro", libro publicado pola Editorial Galaxia neste ano 2015 e do que se fai reseña aquí.
Comentarios
Publicar un comentario