Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Hoxe é o Día das Letras Galegas, deixovos un fragmento da obra "A Monxa-Frade" de Xosé Filgueira Valverde, o autor que se dedica este día fermoso para os galegos.


"Deixou Xanciño a egua no curral do capelán e entraron xuntos frade e mozo. O frescor do portal e aquel doce recendor de albahaca e incenso foron coma un conforto das angueiras da viaxe e das matinacións que acoraban. Pero o padre seguía tan ofegado que a torneira coídou que se burlaba dela ou que toleara.

- Ave María Purísima.
- Sen pecado concibida.
- Son o padre Esteban Guardamiro que quero falar coa madre abadesa e coa comunidade.
- Benvido, señor, sempre a súa visita é moi grata para a comunidade. ¿Ven predicar á vila?
- Non, non, traio un asunto grave que tratar. É que este mozo quere entrar no noviciado.
- Que El-Señor lle manteña o humor, padre Guardamiro. Aí ten as chaves de locutorio -o torno remexeuse coma se fixese discanto da risa da monxa- e suba con coidado, non vaia caer.

Entraron no locutorio, sentouse o frade nun sillón de Moscovia, herdo da abadesa Sarmiento. Quedou en pé o mozo. Tardou en descorrer a cortina negra, detrás da grade. Despois dos saúdos, o frade tatexou:

-Traio estas cartas do padre provincial. O caso é raro. Este mozo, Xanciño, que veu aquí algunhas veces con encomedas do convento e a recoller galanos, este rapaz....
- Xa o coñecemos, padre Guardamiro, veu moitas veces e sempre ben recivido. Teñen unha xoia no seu convento. Coidamos que xa vestira o saial de doado do Noso Padre San Francisco...
- Disculpe, madre abadesa, o que quere o rapaz e vestir o hábito de monxa clarisa."


Deixovos enlaces a fragmentos así como dunha recensión que fixen do seu libro "Quintana viva":



Que teñades un día estupendo¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

"O faro escuro" de María López Sández

"La Biblia de Barro" de Julia Navarro

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker