Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Libros didácticos en galego

"Pequenas historias" de Julia Fernández Rodríguez

Imagen
Aqui achego este pequeno gran libro " Pequenas historias " de Julia Fernández Rodriguez , publicado fai un tempo pola Editorial Galaxia , e vos podo dicir que aínda que o título reza "Pequenas historias" atoparedes historias moi grandes e importantes para a vida dos vosos nenos e nenas. Penso que a sociedade de hoxe en día está moi preocupada pola formación das mulleres e homes, moitas materias importantes, moitos datos para memorizar, moitas actividades que asimilar para poder aceder a postos de traballo cada vez máis cualificados e cada vez máis tecnificados, máis penso que a sociedade de hoxe en día, e as sociedades anteriores a nosa , olvidan os sentimentos dos seus traballadores, dos homes e mulleres que forman a sociedade. O resultado deste olvido forma un mundo con homes e mulleres que teñen moitos problemas para canalizar as súas emocións e para recoñecer como se senten. E cando un non sabe como se sente, tampouco sabe o que ten que facer para cambiar...