Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

"Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo

Imagen
Un novo libro nas miñas máns, " Todo canto fomos " do escritor Xosé Monteagudo tráeme ata aquí para falar un pouco de libros e boa literatura. Pertence este libro a colección Literaria da Editorial Galaxia. Este libro ven a demostrar que todo o que hoxe somos, ben marcado polo que fumos no pasado e polo que neses tempos anteriores fixemos e nos fixeron. Todo canto fomos é o que marca a nosa existencia e nos fai o que hoxe somos, a nosa personalidade, as nosas pautas de comportamento e a nosa forma de relacionarnos cos demáis. Pero non só a nivel persoal, non, tamén a nivel social. A nosa sociedade é así hoxe por todo o que pasou no pasado, e este libro axuda a comprender ata que punto o pasado inflúe no que hoxe sucede nas nosas sociedades. Nun viaxe magnético polas páxinas do libro de Xosé Monteagudo, iremos cun emigrante galego ata Arxentina, viviremos alí un tempo vendo o devenir de Amaro. Él representará a todos os emigrantes galegos e nos amosará as dificult

Xosé Monteagudo

Imagen
Xosé Monteagudo (Moraña, 1965) é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa actalmente como técnico de Facencia na Axencia Tributaria en Pontevedra, cidade onde reside.  Escribe desde a adolescencia, pero non foi ata o ano 2001 cando o seu nome se relacionou publicamente coa literatura ao obter un accésit no premio de relatos do Pedrón de Ouro. Ao ano seguinte, obtivo o premio Blanco Amor coa súa primeira novela titulada As voces da noticia . No ano 2006, publicou a novela Esta historia . Coa súa terceira novela, Un tipo listo , conseguiu o Premio García Barros en 2009 e foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento en 2011. No ano 2012 publicou a súa cuarta novela, O curioso mundo das persoas normais .  Finalmente queda engadir a novela recién saída do prelo Todo canto fomos publicada no  ano 2016 e da que falamos neste blog. Ésta novela foi catalogada como mellor novela na II Gala do Libro Galego. Tamén recibiu o Premio  San Clemente-Rosalía-

Fragmento de "Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo

Imagen
"- Xa saberá vostede que agora non teño tampouco familia libre que poida arranxar no meu lugar asuntos desa clase.   - Seino. Pero non se preocupe. Se hai vontade pola súa parte os dedios aparecerán. Pénseo. Dentro duns días volverei chamalo para que me dea a súa resposta. Ao día seguinte Amaro deulle conta a Miguel Aboi de toda a conversa co director do cárcere. Tras escoitalo, Aboi quedou cavilosos. Logo pronunciou nun murmurio unhas palabras que a Amaro lle custou entender:   - Así que é verdade.   - Que é o que é verdade?- preguntou Amaro.   - Un rumor que oín. O caso é que ata o de agora non lle dei creto. Pero despois disto...   - Despois disto, que? Ao parecer, contoulle Miguel, quince días antes un preso da illa chamado Avelino, un comerciante vigués que tamén Amaro coñecía das súas camiñadas por aqul lugar, gora trasladado a terra. O que se cotifara na primeira era que o director lle ofrecera a liberdade a cambio de diñeiro, e que en cumprimento do