Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Dia das Letras Galegas

Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Imagen
Hoxe é o Día das Letras Galegas , deixovos un fragmento da obra " A Monxa-Frade " de Xosé Filgueira Valverde , o autor que se dedica este día fermoso para os galegos. "Deixou Xanciño a egua no curral do capelán e entraron xuntos frade e mozo. O frescor do portal e aquel doce recendor de albahaca e incenso foron coma un conforto das angueiras da viaxe e das matinacións que acoraban. Pero o padre seguía tan ofegado que a torneira coídou que se burlaba dela ou que toleara. - Ave María Purísima. - Sen pecado concibida. - Son o padre Esteban Guardamiro que quero falar coa madre abadesa e coa comunidade. - Benvido, señor, sempre a súa visita é moi grata para a comunidade. ¿Ven predicar á vila? - Non, non, traio un asunto grave que tratar. É que este mozo quere entrar no noviciado. - Que El-Señor lle manteña o humor, padre Guardamiro. Aí ten as chaves de locutorio -o torno remexeuse coma se fixese discanto da risa da monxa- e suba con coidado, non vaia ca...

Dia das Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

Imagen
Mañá é 17 de Maio e celébrase en Galicia o Dia das Letras Galegas . É esta unha celebración que se instaurou en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aqueles que destacasen en Galicia pola súa produción literaria en galego así como polo seu defensa do noso idioma . Cada ano celébrase dedicándolle o día a unha personalidade diferente, e como único requisito que esixe a Real Academia Galega é que pasasen polo menos dez anos desde o seu falecemento. Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Lois Pereiro do que vos falarei a continuación para que saibades algo máis del. Lois Pereiro     Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nacido en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e falecido na Coruña o 24 de maio de 1996,1 foi un escritor e poeta español en lingua galega. No ano 2011 dedicáselle o Día das Letras Galega. Estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Tras estudar Ciencias Políticas  e Sociología en Mad...