"A cicatriz branca" de Margarita Ledo Andión
Aquí tedes o que a miña visión de " A cicatriz branca ", libro-cinema feito por Margarita Ledo Andión , publicado pola Editorial Galaxia , unha caixa de sorpresas¡¡ Visto así, tres mulleres facendo equilibrios, "exercicio físico- pensei eu- non tiña nin idea¡¡" Dinlle a volta o libro, leín e entón comprendín, decidin que primeiro ía vela película, logo leería o libro e finalmente buscaría máis información sobre o téma no San Google, como dí a miña amiga Ana. E así fixen. Recoñezo que ó comenzo da película, os nove primeiros minutos penséi que a seguinte hora ou hora e media (non o sabía), iba a ser calquera cousa menos entretido, porque neses intres todo ou case todo foi en silencio. O rematar a súa visión vexo unha pelicula con moitos silencios, e diálogos escollidos pero unha película con moito contido. Un filme simbólico, todo ten un significado ainda que non o pareza, unha mistura de ficción e documental. Cando te das conta estás atrapada na his...