Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Literatura infantil en galego

As andanzas de Paio de OVIRAVAI

Imagen
As andanzas de Paio hoxe me fixeron bailar, un pequeno libro da Editorial Galaxia onde atoparedes ós animáis máís marchosos do mundial bailando e pasándoo ben, e ó mesmo tempo, facendo comprender ós máis pequenos da casa da importancia da reciclaxe, e do cuidado da natureza. Para min foi sorprendente ver que, Paio, viaxa polo mundo adiante coñecendo a outros animáis que son divertidos e teñen una vida distinta da súa, pero non menos interesante. Así coñeceredes a Armando, un armadillo capitán de barco, ou o tiburón que canta cando coñece novos amigos e, que ben canta!!. E falando de cantar, qué me dicides da familia Sapo? Esa familia, penso eu, que debería de ir a  un concurso de canto, porque quedan de primeriños¡¡ Un libro moi divertido, que inclúe as cancións nun CD, para que os nenos podan bailar e disfrutar mentras len o libro¡¡ Magníficamente ilustrado da man de David Álvarez e Laura Iglesias, coas súas ilustracións, fan que a imaxinación dos nenos salte entre as c...

"Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada" de Carlos Labraña

Imagen
O autor Carlos Labraña e a Editorial Galaxia traen o libro " Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada " ata as librerías e ata as vosas casas. Unha achega chea de cor e de diversión, pero tamén chea de información importante para os nenos e nenas. Da man dun circo, que tanto lles gusta os cativos, e dos seus integrantes, o autor ten a boa idea de contarlles os problemas que a crise trouxo a moitas empresas e particulares.  Nesta ocasión o circo ven a representar a todos eses que pasaron por problemas graves por causa da crise, e a través dun díalogo intelixente e rápido, vai achegando as causas e consecuencias da crise, e o por qué de moitas das situacións que os nenos foron vendo nos noticiarios de todas as televisións, e incluso,  nos seus colexios. Nunha sociedade como a nosa, onde os medios de comunicación invaden todo, os nenos van escoitando cousas aquí e alí, fragmentadas e moitas veces incomprensibéis, é importante por tanto facerlles...

"As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

Imagen
Unha nova lectura tráeme ata aquí, o libro " As terapias da doutora Ledicia " da escritora Raquel Castro . A Editorial Galaxia encadra esta pequena maravilla na súa colección Árbore. Atopamos aquí un pequeno conto moi orixinal, en realidade, unha pequena obra de teatro na que se reflicten moitos dos problemas da nosa sociedade. Unha sociedade enferma, na que o diñeiro, as redes sociáis e uns valores equivocados, (se lle da máis importancia ó aspecto exterior das persoas que ó seu mundo interior; emítese a mensaxe equívoca de que  canto máis diñeiro tes más vales entre outros; foméntase a insolidaridade e a violencia, etc) fan que os cidadáns se volvan máis frios e insolidarios cos seus conxéneres, se aislen, e fabriquen un mundo ideal e unha imaxe persoal falsa a través das redes sociáis, e só pensen en aparentar o que non son en realidade, para encanxar nunha sociedade que te xulga constantemente. Raquel Castro, trae da súa man persoaxes moi divertidos e moi típi...

"Bic e Bombona" de Sara Barreiro

Imagen
Chegou ata as miñas mans este libro pequeno de título " Vic e Bombona " da escritora Sara Barreiro . A Editorial Galaxia inclúe este libro na súa colección Árbore, dedicada as lecturas para nenas e nenos maiores de 10 anos. Sen dúbida é unha historia moi orixinal e que te mantén pegada as súas follas desde o principio ata o final do libro. É unha narración feita co unha linguaxe sinxela cuio protagonista é un cativo, aventureiro e curioso que ben podría ser un dos nosos cativos. Os nenos sentiránse moi intrigados e non pararán de ler porque lles gustaría pasar unha aventura así de divertida nas súas vidas. Bic, que así se chama o protagonista deste pequeno conto, fará uns incribles achados no seu pobo que levarano a descubrir historias e misterios doutros tempos. Non penso contar máis cousas do argumento do libro, o que si diréi é que de maneira sutil a autora leva a reflexión os nenos sobre o respecto ós mestres e lles fai meditar sobre a importancia de acudir ó co...

"Teatro de Guiñol" de Pirilampo

Imagen
Aquí temos de novo un pequeno gran libro-disco " Teatro de Guiñol " de Pirilampo , unha publicación da Editorial Galaxia que conta coa colaboración de Sonárbore e de o artísta gráfico Iván R. Xuntos fan unha obra moi marchosa e moi actual onde os máis beneficiados sen dúbida serán os máis pequenos das vosas casas. Con maestría todos levan ata as mans dos nenos uns poemas dun autor do que este ano se está a falar moito: Manuel María. Poderíamos dicir que son poemas vellos para rapaces novos, si, sería unha boa maneira de describir este pequeno libro. Os poemas son unha escolma recollida de tres poemarios de Manuel María: "As rúas do vento ceibe", "Os soños na Gaiola" e "Terra Cha". Os rapaces así, nesta obra verán como "O vento" que ven do mar, empurra a "O galo" fachendoso que descubre "A natureza" a que hai que coidar. Polo camiño atopará un "Teatro de guiñol", con moitos bonecos onde se poden ...

"Almas de algodón" de Enric Lluch

Imagen
De novo de volta, e nesta ocasión falando dun pequeno libro infantil de título " Almas de algodón " do escritor Enric Lluch .  A Editorial Galaxia trae un libro para os pequenos cunha traduccion feita por María Dolores Villanueva Gesteira e tamén cunhas ilustracións de Pablo Oliveiro en branco e negro que farán a lectura moito más amena os mais pequenos da casa. Nesta ocasión, teremos nas nosas mans un libro no que tocarán o téma da discapacidade intelectual, e o farán dunha maneira amena e cun vocabulario fácil de entender para os nenos. Coñeceredes ó pequeno Carlos, un neno con memoria pequena, pero un gran neno. Saberedes das súas dificultades para adaptarse as novas situacións, das complicacións que para él supoñen as pequenas cousas da vida e os problemas que pode ter para coñecer amigos dada a incapacidade que as veces ten a sociedade para aceptar as diferenzas que teñen os demáis e para entender o que é unha discapacidade intelectual e como tratar con as pe...

"O álbum de Garrincha" de Beatriz Maceda Abeleira

Imagen
Novo libro para os máis pequenos da casa, de título "O álbum de Garricha" da escritora Beatriz Maceda Abeleira . A Editorial Galaxia achéganos un libro de portada colorista cuias ilustracións veñen da man de Laura Beleiro, e está incorporado na sección Árbore para nenos maiores de 10 anos. Nesta ocasión, presentan ante nós un pequeno libro que aportará un montón de coñecementos sobre a historia do fútbol dunha maneira entretida e divertida. Vosos fillos e fillas, coñecerán quen foi Garrincha (eu teño que recoñecer a miña ignorancia suprema sobre o téma, non son futbolera), os seus éxitos e as súas limitacións que soubo facer virtudes¡¡.  E irán vendo como, pouco a pouco, se vai facendo un futbolista, a base de esforzo e tesón, de perseverancia e de confianza en sí mesmo. Valores, que todos debemos fomentar nos nosos cativos. Os nenos saberán así, que para acadar os seus desexos e anhelos deberán loitar por eles e que para logralos, a perseverancia e a formación ...

" As máscaras do profesor Robindra" de Xoán Babarro González

Imagen
Nova lectura feita: " As máscaras do profesor Robindra " do escritor Xoán Babarro González , é un conto para nenos maiores de 10 anos e que ven da man da Editorial Galaxia . Está incluido na colección Árbore da editorial. Ilustrado por Kristina Sabaite que deixa a súa pegada no libro a través de bonitas ilustracións onde a cor azul o inunda todo, fai aínda máis especial e orixinal este pequeno libro. Sinceramente, pareceume un libro singular coma poucos, en primeiro lugar porque un conto trae outro conto a través da súa temática, e cando rematas o libro, tes nas túas mans vinte dous contos incribles que non deixan indiferente a ninguén.  Cunha primeira introducción na que se explica a procedencia dos contos, pasaredes logo a ler os pequenos relatos que contan cunha estructura diferente. Ó remate de todos eses contos, atoparedes uns poemas sorprendentes e que farán voar a imaxinación dos cativos, asi como os mergullarán pouco a pouco no que é o mundo da poesía. ...

"Un conto ao revés" de Chuches Amil

Imagen
Ola¡¡ " Un conto ao Revés " de Chuches Amil e da Editorial Galaxia , que pon nas nosas mans un pequeno tesouro que  encheu o meu corazón de alegría e de bo humor¡¡ Un libro-disco de novo, é dicir, un libro con banda sonora orixinal, como as pelis¡¡, pero unha música moi bonita que fará pasar os pícaros das nosas casas uns intres entretenidos e moi divertidos. A miña primeira impresión ó ver o libro ...un alucine total¡¡ Quedéi prendada destes maravillosos dibuxos que ilustran a obra, una dibuxos coloristas e moi orixináis que estou segura chamarán a atención dos nenos en canto teñan o libro nas súas máns, e digo esto porque eu estiven moito tempo disfrutando delas, canto máis se de un neno estamos a falar, teñen a capacidade de facer volar a imaxinación dos cativos sómentes con ver as ilustracións. Felicidades a Javi Prieto e a Editorial Galaxia polo conxunto que formaron entre o conto e as súas ilustracións¡¡ Dende logo, non podo negar que en canto empezas a ler o...

"Alegría" de Sergio Tannus

Imagen
De título " Alegría! " e do autor Sérgio Tannus , a Editorial Galaxia trae un libro do que xurden só ideas positivas para os nosos cativos. O título do libro xa di moito, fálanos como xa dixen en positivo, e tamén falan en positivo as súas ilustracións, que veñen da man de Luis Barbolla. Uns dibuxos coloristas e que parecen sair da man dun cativo farán deste libro un pequeno imán para os nenos, que o ver dibuxos que parecen feitos por otro rapaz quererán vélo de contado. Alegra é o personaxe principal deste pequeno gran conto, unha pequena eiruga que no seu camiño atopará a outros seres todos diferentes e moi divertidos e que lle aportarán algo bó a Alegra. Todos eles darán sentido ó camiño de Alegra, e o mesmo tempo, amosarán ós xoves lectores un montón de leccións interesantes sobre as súas propias vidas e sobre o significado que ten o seu propio camino ó longo do seu vivir, e darános asemade moitas razóns para seguir sempre adiante. Neste libro os cativos ap...

"O becho que quería comer á avóa" de Rocío Leira

Imagen
Ola¡¡ Xa teño unha nova recensión, o conto " O becho que quería comer á avoa " da escritora Rocío Leira . Un pequeno gran conto editado pola Editorial Galaxia. Si, digo ben, un pequeno gran conto, porque aínda que ten poucas páxinas, esté é un conto ben grande, un conto moi importante se sodes pais e tedes, ou estades a crear, unha biblioteca de referencia para os vosos fillos en lingua galega.  É un libro importante pola actualidade do téma que trata nas súas follas, xa que nesta ocasión, o libro escrito por Rocio Leira, somerxe ós nosos fillos nunha problemática familiar que a gran maioría das familias sofre, sofriu ou sofrirá. Serálles fácil con este libro aprender que nalgunhas situacións hai familiares que han de marchar lles guste ou non, e que hai enfermidades que hai que afrontar xuntos en familia. Contado dende a perspectiva dunha pequena cativa chamada Sara, Sariña, atoparedes o diálogo interno da nena que se enfronta a unha situación dificil na súa f...

Novidades de Literatura Infantil da Editorial Galaxia

Imagen
Hoxe tráiovos unha das senccións máis chulas da Editorial Galaxia , a sección de Literatura Infantil, que ten un montón de novidades, unha sección doce e divertida como poucas.   " Un conto ao Revés" de Chuches Amil Título: Un conto ao Revés Autor: Chuches Amil ,  Ilustracións: Javi Prieto Editorial: Galaxia 2015 Colección: Sonárbore Nº Páxinas: 24 ISBN: 978-84-9865-620-6 P.V.P: 20,00 € Ive incluído  Nas cancións deste libro-disco vive unha historia protagonizada por dous nenos soñadores que soñan historias que son soños. No conto que o acompaña viven cancións para facernos rir e cantar. Preparado para vivir unha aventura singular? Pois entra¡¡  A ler. A escoitar. A soñar. "O becho que quería comer á avoa" de Rocío Leira Título: O becho que quería comer á avoa Autor: Rocío Leira Ilustracións: Cristina Nogales Aranda Editorial: Galaxia 2015 Colección: Árbore ; Árbore a partir dos 10 anos Nº páxinas:...

"O meu pesadelo favorito" de María Solar

Imagen
Aquí tedes o libro " O meu pesadelo favorito " da escritora e presentadora de televisión María Solar . Este libro foi editado neste ano 2015 pola Editorial Galaxia , e pertence a colección Árbore de dita editorial. Este conto orixinal a máis non poder recibiu o Premio Lazarillo 2014 e ten unas ilustracións coloristas e divertidas feitas pola man de María Lires que abren camiño coas súas cores e formas ás aventuras e desventuras que o persoaxe principal desta obra vivirá a través dos camiños que a medicación amósalle na súa mente. É un conto que non deixará indiferente a ningún neno que o teña nas súas mans. "O meu pesadelo favorito" é un libro pequeno, pero dunha gran axuda para os pais, porque a temática que toca é importante. A cantidade de cousas diferentes e de persoaxes diferentes que poden aparecer nun sono. Todas elas enriquecen ó soño e o fan irrepetible e moitas veces inolvidable. Todos eses persoaxes teñen unha función, unha explicación ...

"A mamá que perdeu as cóxegas" de Clara de Roxo

Imagen
Ola ¡¡  " A mamá que perdeu as cóxegas " e o orixinal título que a súa autora Clara do Roxo elexiu para o seu libro, editado pola Editorial Galaxia . Un título que xa de por si amosa que temos un pequeno problema que resolveremos non sen facer primeiro algunha que outra indagación. É un feito que os cativos prestan atención ó seu arredor aínda que nos ás veces non o vemos. Mesmo parece que os nenos só están a xogar, ou a ler, ou a mirar a tele, pero só é un parecer, o cativo está cun ollo a xogar máis o outro ollo está atento ó seu arredor. O cativo está  coa función "APRENDER" sempre en "ON" esto  o leva a observar, comparar e analizar a realidade que ten máis cerca, o pai, a nai, a irmá, os amigos, todo é obxeto da súa observación e análise. Pero ás veces ó neno faltalle información que o leva e chegar a conclusións non sempre acertadas. ¿E por qué lle falta información? Porque os que estamos ó seu arredor, ocultamos o que pasa...

A Gramola Gominola

Imagen
Ola de novo¡¡ Preséntovos o libro-festa, está é unha nova categoría de libro que me inventei hoxe, pero esto é o que a Editorial Galaxia fixo co libro-disco de titulo " A Gramola Gominola " coa colaboración da ilustradora Lidia V. Cardeiro e coa participación do grupo A Gramola Gominola , Mine e Mero ou Luís Tosar entre outros. Tarde de domingo, mocalleira, triste, os debuxos da tele xa os ten máis que sabidos...maña é luns, toca ir ó cole de novo...os ánimos están ben polo chan, alí tiradiños e pisoteados...¿que facer para poñer os cativos en acción?...Montas na cociña un picnic, con bocadillos, lambetadas e doces...montas a mesa no salón...mandas ós cativos para a súas habitacións a buscar ropar para se disfrazar, te disfrazas ti tamén e sacas a maxia en forma de libro....poñes o disco en acción.... EEEE AAA BAAAILAAARRRRRRRR¡¡¡¡ AAA CAAANTAAARRRRRR¡¡ ¡ AA DIIIISSFRUUUTAAARRRRRR¡¡¡ Afirmo dende o meu sofá que a cousa funciona¡¡ O libro mete medo de bonit...

Mergullarse na literatura infatil e xuvenil galega

Imagen
Déixovos pequenos tesouros da literatura infantil e xuvenil que teñen unha pinta moi atractiva e divertida. Penso que son bos agasallos para a nosa xuventude, e dende logo non deixan indiferentes. Algúns deles recomendados por dos ananos parlanchines "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas Editorial: Xeráis Papel 14x19 cm Rústica cosido a fio 176 páxinas ISBN: 978-84-9914-739-0 Código: 1343238 12,50 € Setembro 2014 3ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina,...

Incursións na Literatura Infantil

Imagen
Ola¡¡ Aquí veño cargada de libros infantís con unha moi boa pinta e recomendados por unha nai (Aida)  apaixonada pola literatura en xeral e pola infantil en particular pois ten dous cativos ben guapos, e da súa man deíxovos uns cantos libros fantásticos para mercar ou agasallar.   A miña amiga díxome que "A nena e o grilo" é coma un conto cantado e que ten o libro coma un tesouro. A Editorial OQO, vai polos concellos facendo actuacións dalgún dos seus libros, e ó remate dese espectáculo regalan o libro ós asistentes. Así os coñeceu ela.  Xeralmente son libros cunha estética moi coidada e sempre libros con mensaxe incluido para a ensinanza dos pequenos. Os espectáculos que ofrecen son moi divertidos para os nenos e moi moi especiáis. Estas recomendacións veñen da man dos seus cativos Manu e Brais , así que veñen de persoas moi expertas na materia, prégovos as tomedes con moita moita seriedade, porque saben do que falan¡¡ Dende aquí o meu agradecimient...