"O meu pesadelo favorito" de María Solar
Aquí tedes o libro "O meu pesadelo favorito" da escritora e presentadora de televisión María Solar. Este libro foi editado neste ano 2015 pola Editorial Galaxia, e pertence a colección Árbore de dita editorial.
Este conto orixinal a máis non poder recibiu o Premio Lazarillo 2014 e ten unas ilustracións coloristas e divertidas feitas pola man de María Lires que abren camiño coas súas cores e formas ás aventuras e desventuras que o persoaxe principal desta obra vivirá a través dos camiños que a medicación amósalle na súa mente.
É un conto que non deixará indiferente a ningún neno que o teña nas súas mans. "O meu pesadelo favorito" é un libro pequeno, pero dunha gran axuda para os pais, porque a temática que toca é importante.
A cantidade de cousas diferentes e de persoaxes diferentes que poden aparecer nun sono. Todas elas enriquecen ó soño e o fan irrepetible e moitas veces inolvidable. Todos eses persoaxes teñen unha función, unha explicación da súa existencia. A través dos soños entendemos moitas cousas, e aquí, neste libro, María Solar, a través dos soños de Manuel léva ós nosos nenos a comprender a importancia da diferencia, da diversidade.
A importancia de facer ver ós cativos que ser diferentes (por razon de raza, ou sexo, por a túa personalidade ou por o teu físico, polas túas crenzas ou simplemente pola túa ropa, ou por ter algunha enfermidade) non é malo. A diversidade é o que enriquece a sociedade, unha sociedade que necesita de esa diversidade, xa que gracias á xente que pensa diferente ou se comporta diferente a vida evoluciona. Foi a xente diferente a que fixo novos descubrimentos, abríu novas rutas ou creou novas formas de pensar, e todas elas xuntas fixeron que a humanidade avanzara. Eu penso que esa é a idea principal que quere aportar María Solar co seu conto " O meu pesadelo favorito", pero este pequeno conto, ademáis de ter unhas ilustracións preciosas de María Lires, tamén aporta outras ideas o longo do mesmo de gran interés.
Así, a importancia de compartir cos demáis e a satisfacción que da, os problemas de contar mentiras, a importancia dos bicos, a importancia de ter amigos (aínda que sexan "raros"), a loita polos teus soños, as diferencias sociáis entre as persoas, a explotación infantil ou incluso a loita pola protección das especies en extinción son abordados neste conto dunha maneira tenra e coidada que farán deste conto o favorito dos nenos.
Unha preciosidade de conto, "O meu pesadelo favorito" sin dúbida é un conto super recomendable e co que pasaredes uns moi bos intres, pola súa orixinalidade na forma de tratar témas tan serios e as veces tan díficiles de explicar a un neno, e polos persoaxes tan orixinaís que Maria Solar utiliza para levar os cativos da man por entre soños maravillosos. Para a biblioteca casera sen dúbida ningunha¡¡
Comentarios
Publicar un comentario