María Solar
María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É xornalista da Televisión de Galicia e a Radio Galega. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía, ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental.
A súa actividade sempre se centrou no mundo da comunicación, na actualidade presenta na TVG A revista. Fin de Semana. Ten unha ampla traxectoria en radio e televisión, e na TVG presentou programas de todos os xéneros: culturais, magacines, informativos, de ciencia, musicais, concursos e galas, como Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacín As tardes da Galega.
Como autora diríxese ao público infantil e xuvenil. En Galaxia publicou os libros: Vou ter un inmán¡¡¡ ( Premio Frei Martín Sarmiento 2013), e A verdadeira historia da mosca da tele (Premio Frei Martín Sarmiento 2014). No ano 2015 publicou o libro O meu pesadelo favorito pertencente a colección Arbore da Editorial Galaxia.
Máis tamén ten libros como :
"Ecoloxía na aula" (Lea, 1998)
"O libro do noso mar" (Lea, 1999)
"O tempo do revés" (Baía, 2008)
"Boa sorte" (Baía, 2008)
"O fillo do pintamonas" (Tambre, 2010)
Máis tamén ten libros como :
"Ecoloxía na aula" (Lea, 1998)
"O libro do noso mar" (Lea, 1999)
"O tempo do revés" (Baía, 2008)
"Boa sorte" (Baía, 2008)
"O fillo do pintamonas" (Tambre, 2010)
Comentarios
Publicar un comentario