Clara de Roxo

A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes.
Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos.
E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. "A mamá que perdeu as cóxegas" é a súa primeira novela, que imaxinou para o seu fillo pequeno e para todos os nenos que teñan unha ilusión na súa cabeciña. Logo imaxinou outra historia que tedes que ler tamén "A princesiña que conducía unha locomotora"


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández