Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Poesía en galego

"Manuel María. Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela

Imagen
Aquí sigo no Día das Letras Galegas, e amoso esta vez outro libro " Manuel María. Antoloxía poética " de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela, unha publicación da Editorial Galaxia para lembrar a obra do autor ó que este ano adica o Día das Letras Galegas que hoxe celebramos. Darío Xohán e Amelia Outeiro fan unha viaxe entre as letras e os pensamentos de Manuel María para amosarnos a evolución e os cambios que a súa obra tivo co paso do tempo. Para montar este libro, fan primeiro un percorrido pola vida e obra do autor, e na primeira parte do libro presentan unha biografía e unha moi util explicación da obra de Manuel María, as súas influéncias políticas e literarias e o seu devagar pola vida e o amor.   Na segunda parte do libro, acharedes o que é a antoloxía propiamente dita, unha escolma escollida por Dario e Amelia no que eles pensan que son os poemas máis representativos de Manuel María e de cada unha das fases nas que se pode dividir a súa obra. Neste...