Mergullarse na literatura infatil e xuvenil galega
Déixovos pequenos tesouros da literatura infantil e xuvenil que teñen unha pinta moi atractiva e divertida. Penso que son bos agasallos para a nosa xuventude, e dende logo non deixan indiferentes. Algúns deles recomendados por dos ananos parlanchines
"Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas
Editorial: Xeráis
Papel
14x19 cm
Rústica cosido a fio
176 páxinas
ISBN: 978-84-9914-739-0
Código: 1343238
12,50 €
Setembro 2014
3ª edición - Premio Merlín de Literatura
Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil
2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014
Como
Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un
curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de
Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un
megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre
negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha
cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un
arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres
novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os
defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén
coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de
moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos
vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de
humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo
mundo da cociña.
"Gato Guille e os monstros" de Rocio Martínez
Editorial: S. L Kalandraka Editora
Tapa dura
40 páxinas
22x22 cm
ISBN: 978-84-8464-555-9
13,00 €
Gato Guille estaba xogando na súa habitación. De súpeto escoitou un
ruido estrano: Fiiiuuuuu fiiiuuuu... Asustouse moito e saiu correndo
Na casa de
Guille óense ruídos estraños e ata a súa propia mamá está asustada. Pero
Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos.
" Boas noites" de Paula Carballeira.
Editorial: Xeráis
Tapa dura
80 páxinas
ISBN: 9788497825771
14,75 €
Xiana, a protagonista de “Boas noites”, non ten tempo nin para pensar,
moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola
noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos
medos... Os áxiles diálogos desta peza, a orixinalidade na elección do
tema, o estrés infantil, un arg
Comentarios
Publicar un comentario