"Lar-Nai-Pan" de Xosé Neira Vilas
Ola a tod@s
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiaOkKhDnBMjJCdgppBUwKRz-U18peIHL2EriQ3JN9O9IpZWNbwYa0pET4C0rHHhJOZXfuvByDzoLIt07cC16OStNJ1U0tQklBrdjRAkkgsqFhPLrCRm9H4dboQgQIWWhEHVB1_JkS3hDA/s1600/libros_2771.jpg)
Editorial: Galaxia
Colección: Biblioteca Neira Vilas
224 páxinas
Rústica con lapelas
19,00 €
ISBN: 978-84-9865-568-1
Data publicación: Novembro 2014
2ª Edición
1ª Impresión
Inclúe o CD "Nai" lido por Uxía Blanco.
Un libro "Lar-Nai-Pan" no que se recopilan tres traballos de Xosé Neira Vilas, poemas en prosa editados en 1973, 1980 e 1986, por separado. Posteriormente, foron publicados en 1993 xuntos baixo o nome de "Charamuscas".
Os poemas gardan unha continuidade e comparten un mesmo ton poético a mesma vontade de síntese e o mesmo afán evocador da infancia, da
adolescencia e do tempo ido que caracterizan a obra de Neira Vilas. As
páxinas chaman á reflexión e á saudade dos momentos vividos e dos
escenarios íntimos, particulares e comúns, do múltiple devir da
sociedade galega nos seus sentimentos, dores e esperanzas. En “Lar, Nai,
Pan” é todo vello e novo ao mesmo tempo, pasado e presente, cavilación
e vibrante latexo.
O libro vai acompañado dun CD, "Nai" no que a actriz Uxia Blanco interpreta textos de peza homónima co que o escritor de Gres homenaxeou a nai, reivindicado a figura materna como portadora da sabedoría para encetar a vida.
Comentarios
Publicar un comentario