"Xente ao lonxe" de Eduardo Blanco Amor
Ola ¡¡
Aquí tedes a miña derradeira lectura, o libro "Xente ao lonxe" do escritor Eduardo Blanco Amor. Editado pola Editorial Galaxia corenta e dous anos despóis da súa primeira impresión.
Lín este libro fai uns vinte e tres anos, e xa daquela me pareceu un libro incríble a sabendas de que lle faltaban anacos eliminados polos censores. Hoxe, rematéi de leélo na súa versión restaurada, gracias ó traballo de investigación de Xosé Manuel Dasilva que permitiu atopar o expediente de censura da obra, ver o texto orixinal do libro, as enmendas que o autor fixo nel para que poidera ver a luz, e que ofreceu a posibilidade de reconstruir a novela na súa totalidade. Hoxe Blanco Amor estaría conforme coa obra e ledo de vela impresa tal e como él a creou.
Un neno: Suso, unha cidade: Auria, unha época: primeiros anos do século XX, unha traxedia: a matanza de Oseira. Estes son os puntos principais dos que parte a novela de Blanco Amor. Unha visión inocente e sinxela da vida dunha cidade a través dos ollos dun cativo que vai descubrindo, co tempo, non só os cambios no seu propio corpo, senón tamén os da súa propia cidade. O longo da novela Blanco Amor amosa como a vida vai mudando os pareceres das persoas, como as vai curtindo e formando, e as fai madurar. O relato así o mostra, e o longo da novela, o cativo madura ata se convertir nun home de conviccións firmes. Muda o cativo, muda a súa familia e muda tamén a súa cidade.
Siseo, en principio, inintelixible, como de xente que fala ao lonxe, escoitado por este rapaz, e que co tempo se converte en conversas claras e rotundas nas que se clama polo recoñecemento dos dereitos dos cidadans, dos traballadores, dun pobo oprimido e vixiado, vapuleado polos abusos das autoridades, da aristocracia poderosa, da Igrexa manipuladora e controladora .
A vida diaria nunha cidade, tal cual se ve e se sinte, sexo, aborto, os dereitos das mulleres, a súa incursión na política, a homoxexualidade, a educación, os movementos sociais... a loita pola defensa dos dereitos dos traballadores, a pobreza da clase campesiña...e cun linguaxe da cidade, do día a día, sin tapar nin ocultar nada.
Unha vida que cambia por completo polos sucesos que axitaron de maneira brusca ó pobo, que costou a vida de persoas, e que está basado en feitos reáis, a matanza de Oseira, unha matanza cruel de inocentes, e que tamén había que contar...máis lamentablemente alí estaba a censura, para acalar as verdades molestas. Unha censura que se sinte ofendida cando o autor no principio do libro fai mención a mesma "de manera iriente" dice o censor "porque lle impide decir todo o que quere" ó autor.
É unha obra costumbrista, relatada en primeira persoa por Suso ou por outros persoaxes da novela, ou en terceira persoa noutras ocasións, intercalando diálogos e finalizando o relato cunha carta da Evanxelina, isto fai que a lectura sexa rápida e moi entretida.
Unha forma diferente de rematar unha novela, cunha carta na que se mostra a evolución final dos persoaxes, ainda que cun final aberto pois a vida da xente do pobo e da familia do Suso sigue adiante, maís xa corre da man do lector o pensar que podería pasar despóis.
Comento tamén algo que me chamou a atención: a forma en que comenza Suso a contar a historia, xa o veredes, pero fala coma un neno. Parece como si Suso te estivera a contar un chisme, sentado ó teu lado, contándo os dimes e diretes do pobo, utilizando párrafos pequenos que empezan sempre coa palabra "que" en minúsculas... un cotilleo tras outro...máis co correr do tempo ves como varía a forma de expresarse, como madura nas formas de falar, como aprende as palabras prohibidas que se din en susurros e entende as conversas perigosas que se contan a escondidas.
Atoparedes tamén algunhas cousas que vos farán reir, pois son reflexión e cousas dun neno que está a medrar, e veredes cousas curiosas dun pobo que chaman a atención, como o momento da chegada dos xinecólogos e a reaccion do pobo, tanto de mulleres como de homes a semellante modernidade da sanidade....e outros momentos nos que a risa desaparece, como no momento da matanza.
Atoparedes tamén algunhas cousas que vos farán reir, pois son reflexión e cousas dun neno que está a medrar, e veredes cousas curiosas dun pobo que chaman a atención, como o momento da chegada dos xinecólogos e a reaccion do pobo, tanto de mulleres como de homes a semellante modernidade da sanidade....e outros momentos nos que a risa desaparece, como no momento da matanza.
Tamén destacaría algunhas expresións utilizadas no libro, que evidentemente é a forma que ten o autor de mostrar os distintos recursos que ten a nosa fala, así atoparme co verbo "sortir" en lugar de sair...ou atorpar dobres negacións, castelanismos, palabras como "paraugoas", "soparación", "nemigos", "crudelmente", entre otras, levoume de sorpresa en sorpresa e amosóume claramente cómo se fala na terra e a riqueza do idioma galego. O autor busca demostrar que a linguaxe da rúa é válida para contar historias, e consigue demostralo, xa que eu penso que o utilizar o galego da rúa fai que aínda vexas moito mellor o que está a pasar na novela, o qué están a sentir os persoaxes xa que o conta coas túas palabras, sin revoltas nin dobres sentidos, senón tal cal é, e coas palabras que calquera pode usar na rúa.
Un libro valente, arriscado, polémico que non foi sempre ben acollido polo seu contido e a súa forma de expresión clara, mais para min unha obra para gardar na casa e para leer e aprender sobre a historia do noso país, e no que se demostra que a fala da rúa é máis que apta para contar verdades.
Tres censores dixeron dela que era "obscena", "cun linguaxe crudo con conversaciones eróticas entre muchachos sumamente atrevidas", que era "de bastante pobreza literaria e cun estilo que pretende ser imitativo de Camilo José Cela, sarcástica..", entre outras cousas, máis se o ledes veredes outra cousa ben distinta. Unha visión clara e realista dun tempo, non só dun pobo aillado, sinon dunha sociedade, dun momento da historia de Galicia e de España.
O final do libro atoparedes unha parte na que se fala da verdadeira versión de Xente ao lonxe, onde se presentan os argumentos da censura, as páxinas censuradas e máis datos de interese. Eu fun lendo as dúas versións do libro, pois teño a versión censurada e a restaurada, e certamente podo decir que a censura quitóulle á obra partes importantes que aumentan o valor da mesma, e lle dan a súa razón de ser, ainda así, Xente ao lonxe censurada ten moita forza.
Eu penso que si o leése outra vez máis aínda encontraría máis cousas que contar do libro...ten moooito do que falar¡¡
Xa remato dicíndoos que a tedes que ler, si ou si....non hai máis¡¡
Comentarios
Publicar un comentario