A Gramola Gominola

Ola de novo¡¡

Preséntovos o libro-festa, está é unha nova categoría de libro que me inventei hoxe, pero esto é o que a Editorial Galaxia fixo co libro-disco de titulo "A Gramola Gominola" coa colaboración da ilustradora Lidia V. Cardeiro e coa participación do grupo A Gramola Gominola, Mine e Mero ou Luís Tosar entre outros.

Tarde de domingo, mocalleira, triste, os debuxos da tele xa os ten máis que sabidos...maña é luns, toca ir ó cole de novo...os ánimos están ben polo chan, alí tiradiños e pisoteados...¿que facer para poñer os cativos en acción?...Montas na cociña un picnic, con bocadillos, lambetadas e doces...montas a mesa no salón...mandas ós cativos para a súas habitacións a buscar ropar para se disfrazar, te disfrazas ti tamén e sacas a maxia en forma de libro....poñes o disco en acción....EEEE AAA BAAAILAAARRRRRRRR¡¡¡¡ AAA CAAANTAAARRRRRR¡¡¡ AA DIIIISSFRUUUTAAARRRRRR¡¡¡

Afirmo dende o meu sofá que a cousa funciona¡¡ O libro mete medo de bonito e divertido que é, cores por todos lados e cancións modernas e entretidas e con títulos tan suxerentes como Monstro, Barriga Verde, Cromos entre outros, farán marabillas nos vosos nenos que aprenderán as letras e ó mesmo tempo aprenderán a recoñecer os diversos ritmos da música...aqui un pouquiño de rock, por alá un pouquiño de country, a música pop faite dar chimpos ou o reggae romper o pescozo de tanto ires para adiante e para atrás coa cabeza, e entre todos estes estilos musicáis  farán que movades o corpo enteiro, rir cos rapaces, e pasar unha tarde estupenda.

O libro vai cunhas ilustración que falan claramente do estilo de música que acompaña as letras, están cheas de cor e bonitos diseños que farán voar a imaxinación dos máis peques da casa e da vosa estou segura que tamén. Máis non contentos con esto, a Editorial inclúe unha sopa de letras coa que teredes os pequenos da casa entretidos durante un bo intre.

Agora mesmo podo diciros que é o libro máis bonito que teño na miña estantería de libros, un libro ilustrado, moderno, un libro con vida e alegre¡¡, un recurso que sempre os pode alegrar a tarde en momentos complicados ou tristeiros se hai picariños polo medio. Parabéns a Editorial Galaxia e tamén ós que colaboraron con vos para facer unha pequeña xoia coma A Gramola Gominola, unha idea xenial¡¡


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández