"O álbum de Garrincha" de Beatriz Maceda Abeleira

Novo libro para os máis pequenos da casa, de título "O álbum de Garricha" da escritora Beatriz Maceda Abeleira. A Editorial Galaxia achéganos un libro de portada colorista cuias ilustracións veñen da man de Laura Beleiro, e está incorporado na sección Árbore para nenos maiores de 10 anos.

Nesta ocasión, presentan ante nós un pequeno libro que aportará un montón de coñecementos sobre a historia do fútbol dunha maneira entretida e divertida.

Vosos fillos e fillas, coñecerán quen foi Garrincha (eu teño que recoñecer a miña ignorancia suprema sobre o téma, non son futbolera), os seus éxitos e as súas limitacións que soubo facer virtudes¡¡.
 E irán vendo como, pouco a pouco, se vai facendo un futbolista, a base de esforzo e tesón, de perseverancia e de confianza en sí mesmo. Valores, que todos debemos fomentar nos nosos cativos. Os nenos saberán así, que para acadar os seus desexos e anhelos deberán loitar por eles e que para logralos, a perseverancia e a formación son básicos.

Pero este libro non só fala de futbol, o libro trae consigo un montón de ensinanzas interesantes e levará, ós pequenos e pequenas, a pensar en cómo ven ós demáis, e cómo queren que os demáis os vexan a eles.  O libro fala dos prexuizos que todos temos cando coñecemos a alguén novo, farálles ver as dificultades que se atopan moitas persoas para integrarse nos grupos novos, da importancia de facer as cousas dende o corazón, de compartir, de que se pode facer virtude dos nosos defectos, da importancia de valorar o que somos e o que temos, da amizade, fala de libros, da importancia da lectura...e todo esto, o fai a través dunha narración que é moi facil de ler, con capítulos cortiños, cunha dose xusta de misterio para manter ó neno pegado a lectura, cunha historia totalmente congruente que fará posible que o meniño se vexa reflectido pois él mesmo pode ser Joao. Asemade, o libro está repleto de ilustracións que axudan os nenos e nenas a imaxinar ás situacións e ós persoaxes da novela con maior facilidade.

Sinceramente, a min o libro e a historia de Joao e os seus amigos gustoume un montón, é un libro totalmente recomendable para agasallar ós nenos e nenas, porque está moi ben feito e un libro de lectura amena e rápida e axuda a crecer os cativos e cativas como persoas. Eu o mercaría sin dudalo¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández