As andanzas de Paio de OVIRAVAI

As andanzas de Paio hoxe me fixeron bailar, un pequeno libro da Editorial Galaxia onde atoparedes ós animáis máís marchosos do mundial bailando e pasándoo ben, e ó mesmo tempo, facendo comprender ós máis pequenos da casa da importancia da reciclaxe, e do cuidado da natureza. Para min foi sorprendente ver que, Paio, viaxa polo mundo adiante coñecendo a outros animáis que son divertidos e teñen una vida distinta da súa, pero non menos interesante. Así coñeceredes a Armando, un armadillo capitán de barco, ou o tiburón que canta cando coñece novos amigos e, que ben canta!!. E falando de cantar, qué me dicides da familia Sapo? Esa familia, penso eu, que debería de ir a  un concurso de canto, porque quedan de primeriños¡¡
Un libro moi divertido, que inclúe as cancións nun CD, para que os nenos podan bailar e disfrutar mentras len o libro¡¡ Magníficamente ilustrado da man de David Álvarez e Laura Iglesias, coas súas ilustracións, fan que a imaxinación dos nenos salte entre as cores e os animáis de manera vertixinosa.
Ademáis da man de Verónica Santalices e Federico Welicki, todo o mundo se pon a bailar coas divertidas cancións adicadas ós animáis tan divertidos deste pequeno conto. Queredes máis? Pos a leer e a bailar con As andanzas de Paio¡¡ Ídelo disfrutar, tanto os nenos como os non tan nenos, boa lectura.

OVIRAVAI

OVIRAVAI son Verónica Santalices, Laura Iglesisas, Federico Wlicki e David Álvarez. Eles fan todo: tocar, ilustrar e, sobre todo, crear música. A iso se dedican, nalgúns casos dende hai décadas e polo mundo adiante. son veciños de Vigo e de porta, e amosan o seu traballo a través da colección Sonárbore de Galaxia. 




Ficha técnica

 Título As andanzas de Paio
 Autor OVIRAVAI
 EditorialGalaxia
 Páxinas 24 páxinas
 Año de edición
 2016
 ISBN978-84-9865-675-8
 Precio 20,00 €




Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández