Entradas

Frangmento de "O faro escuro" de María López Sández

Imagen
Para Catalina era reconfortante ter algo que se movese, que introducía un elemento de variedade no escenario inmóbil e monótono do pozo Durante as primeiras horas de reclusión, cando o traumatismo aínda non lle permitía orientarse, pensara nas rapazas desaparecidas e asasinadas. Olalla Riveiro, Tanaia Fernández, Sara Tarrio. Sabíase que, desde o secuestro, eran mantidas con vida durante dúas semanas. Temera a violación, a tortura, o asasinato. Pero a medida que recuperara conciencia do sucedido, a idea que se fora formando na súa mente era ben distinta. Agora sabía con precisión cal sería o día. O 18 de maio decidiríase se vivía ou morría. O problema era que ignoraba que día era e seguía perdida naquela insoportábel confusión temporal. Para estar preparada facía exercicio no escaso espazo de que dispoñía. Como non podía correr, saltaba; como non tiña ningún peso nin resistencia, facía flexións, absominais, exercicios compresivos, e logo estiraba os músculos. Aquela disciplin...

"O faro escuro" de María López Sández

Imagen
Amósovos hoxe a miña recensión do libro " O faro escuro " da autora María López Sández . Este pequeno volume editouno a Editorial Galaxia. Trala bonita portada decorada cunha fermosa imaxe chamada Sálvora de Carmen Rosa Carracedo, unha imaxe dun faro, atópamos unha pequena obra formada por trinta e un capítulos cortos, cunha linguaxe sinxela que non traerá complicacións na súa lectura e comprensión. O faro é  unha imaxe moi simbólica que trae a nosoutros a idea de luz, esa luz que ilumina o camiño para chegar sempre a bon porto, máis neste caso, María López nos trae a historia dunha vida na que o faro que iluminaba o camiño esnaquízase e creba a vida dun dos persoaxes principáis. Resaltaría do libro o feito de que nos deixa unha reflexión sobre, a vida das mulleres que traballan e teñen unha vida familiar complicada ó ter fillos con diversidade funcional, o que as leva a facer grandes esforzos para atender as dúas partes nas que se fragmenta a súa vida, a vida...

María López Sandez

Imagen
Maria López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no ensino secundario no IES Xulián Magariños (Negreira) e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. En 2007 foi galardoada co Premio Ramón Piñeiro de ensaio pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio e, en 2012, co Premio Repsol de Narrativa breve por A forma das nubes . Ambos libros publicados pola Editorial Galaxia. Tamén é a autora do libro " O faro escuro ", libro publicado pola Editorial Galaxia neste ano 2015 e do que se fai reseña aquí.

Novidades Editorial Galaxia

Imagen
"Fábula" XAVIER ALCALÁ Colección LITERARIA EDITORIAL GALAXIA 2015 292 páxinas P.V.P: 17 € Ive incluido ISBN: 978-84-9865-601-5 Publícase a sexta edición de Fábula , novela coa que Xavier Alcala obtivera o Premio da Crítica Española en 1980. O autor da triloxía "Evanxélica memoria" define esta obra agora reeditada como unha novela "adherida á memoria viva". Un long-seller que chega outra volta aos lectores co mesmo pulo da primeira edición. Xavier Alcalá escriiu Fábula a partir de testemuños do que el denomina "memoria viva" dos feitos. Se toda a obra do autor de A nosa cinza ten unha querencia especial pola recreación de fontes orais e mesmo documentais, esta novela, escrita corenta e tres anos despois do inicio da Guerra Civil e artellada en diferentes planos de acción, tamén é unha recreación de sucesos e personaxes de pasado. O relato organízase, pois, en planos de acción que enfrontan a Guerra e a Transición Democrática...

Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Imagen
Hoxe é o Día das Letras Galegas , deixovos un fragmento da obra " A Monxa-Frade " de Xosé Filgueira Valverde , o autor que se dedica este día fermoso para os galegos. "Deixou Xanciño a egua no curral do capelán e entraron xuntos frade e mozo. O frescor do portal e aquel doce recendor de albahaca e incenso foron coma un conforto das angueiras da viaxe e das matinacións que acoraban. Pero o padre seguía tan ofegado que a torneira coídou que se burlaba dela ou que toleara. - Ave María Purísima. - Sen pecado concibida. - Son o padre Esteban Guardamiro que quero falar coa madre abadesa e coa comunidade. - Benvido, señor, sempre a súa visita é moi grata para a comunidade. ¿Ven predicar á vila? - Non, non, traio un asunto grave que tratar. É que este mozo quere entrar no noviciado. - Que El-Señor lle manteña o humor, padre Guardamiro. Aí ten as chaves de locutorio -o torno remexeuse coma se fixese discanto da risa da monxa- e suba con coidado, non vaia ca...

"Feitizo de sangue" de Sabéla González

Imagen
" Feitizo de sangue " da escritora Sabela González , é a segunda parte da triloxía fantástica " As crónicas de Landereina " publicado pola Editorial Galaxia . O seu primeiro tomo " Bágoa de Lúa " xa o reseñei no seu momento aquí. Facendo unha comparación coa vida mesma, " Feitizo de sangue " sería a parte das nosas vidas chea de impedimentos, enredos e probas que todos sufrimos ó longo do noso vivir. Todos temos uns obxetivos, unos anhelos que queremos cumprir, e cada un destes desexos supón unha porta que abrir, unha porta que atravesar para atopar o que buscamos, os filósofos dirían para chegar a Sabedoría ou a liberdade interior ou, sen ser tan profundos, a conseguir o coche ou a casa dos nosos soños, por exemplo. Cada camiño percorrido para achar esa porta, trae consigo novas ensinanzas sobre nós mesmos, sobre aqueles que temos ó noso arredor (e que as veces nos acompañan nas nosas aventuras) e sobre o noso entorno. Estes laber...

Novidades Editorial Galaxia

Imagen
ISBN: 978-84-9865-603-9 ISBN: 978-84-9865-604-6 O  LABIRINTO DA CULTURA XOSE FILGUEIRA VALVERDE Adral Segundo Adral Colección LITERARIA EDITORIAL GALAXIA 2O15 444 e 536 páxinas PVP: 18 € Ive incluído cada volume. Continuando coa publicación da Biblioteca Filgueira Valverde , ilustrada en cuberta con obra pictórica de Ovidio Murguia, a Editorial Galaxia tira do prelo os dous primeiros volumes da serie Adral e anuncia a publicación do terceiro para o outono deste ano, como conclusión do Ano Filgueira Valverde, autor ao que se lle dedica o Dia das Letras Galegas do presente ano 2015. Os seis volumes restantes publicaranse en senllas entregas sucesivas nos dous próximos anos. Escritos coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo" , Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos inicialmente para os xornais e foinos publicando en libro, co título de Adral, desde 1979 ata o ano da súa morte...