Frangmento de "O faro escuro" de María López Sández

Para Catalina era reconfortante ter algo que se movese, que introducía un elemento de variedade no escenario inmóbil e monótono do pozo Durante as primeiras horas de reclusión, cando o traumatismo aínda non lle permitía orientarse, pensara nas rapazas desaparecidas e asasinadas. Olalla Riveiro, Tanaia Fernández, Sara Tarrio. Sabíase que, desde o secuestro, eran mantidas con vida durante dúas semanas. Temera a violación, a tortura, o asasinato. Pero a medida que recuperara conciencia do sucedido, a idea que se fora formando na súa mente era ben distinta. Agora sabía con precisión cal sería o día. O 18 de maio decidiríase se vivía ou morría. O problema era que ignoraba que día era e seguía perdida naquela insoportábel confusión temporal. Para estar preparada facía exercicio no escaso espazo de que dispoñía. Como non podía correr, saltaba; como non tiña ningún peso nin resistencia, facía flexións, absominais, exercicios compresivos, e logo estiraba os músculos. Aquela disciplin...