viernes, 15 de mayo de 2015

Novidades Editorial Galaxia

ISBN: 978-84-9865-603-9
ISBN: 978-84-9865-604-6
LABIRINTO
DA
CULTURA


XOSE FILGUEIRA VALVERDE
Adral
Segundo Adral
Colección LITERARIA
EDITORIAL GALAXIA 2O15
444 e 536 páxinas

PVP: 18 € Ive incluído cada volume.



Continuando coa publicación da Biblioteca Filgueira Valverde, ilustrada en cuberta con obra pictórica de Ovidio Murguia, a Editorial Galaxia tira do prelo os dous primeiros volumes da serie Adral e anuncia a publicación do terceiro para o outono deste ano, como conclusión do Ano Filgueira Valverde, autor ao que se lle dedica o Dia das Letras Galegas do presente ano 2015. Os seis volumes restantes publicaranse en senllas entregas sucesivas nos dous próximos anos.

Escritos coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo", Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos inicialmente para os xornais e foinos publicando en libro, co título de Adral, desde 1979 ata o ano da súa morte. A unidade ven dada por un fito, Galicia, e pola vontade de servir a súa cultura.

Filgueira Valverde compón os volumes do Adral arredor de eixes temáticos nos que agrupa artigos sobre a toponimia e nos nomes; sobre símbolos coma o labirinto, o reloxo de area e as escaleiras; sobre os ritos que sinalan o paso do tempo, entre eles festas anuais coma o entroido, os maios ou o magosto, e sobre mesteres coma o de canteiro, o de fogueteiro, ou o de "sementador de cruceiros". Dedica tamén ás artes un mangado de textos, nos que trata, por exemplo, da obra de Prieto Nespereira, de Rubens e de Federico Mompou, ou estuda temas coma o estilo e o grafismo, a cerámica de Sèvres, os retábulos e a arquitectura relixiosa. Tampouco as letras quedan á marse dos seus intereses intelectuais, desde os cancioneiros medieváis aos romances, dos pseudónimos de Otero Pedrayo as obras de Cabanillas e Feixoo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario