viernes, 15 de mayo de 2015

"Feitizo de sangue" de Sabéla González

"Feitizo de sangue" da escritora Sabela González, é a segunda parte da triloxía fantástica "As crónicas de Landereina" publicado pola Editorial Galaxia. O seu primeiro tomo "Bágoa de Lúa" xa o reseñei no seu momento aquí.

Facendo unha comparación coa vida mesma, "Feitizo de sangue" sería a parte das nosas vidas chea de impedimentos, enredos e probas que todos sufrimos ó longo do noso vivir.

Todos temos uns obxetivos, unos anhelos que queremos cumprir, e cada un destes desexos supón unha porta que abrir, unha porta que atravesar para atopar o que buscamos, os filósofos dirían para chegar a Sabedoría ou a liberdade interior ou, sen ser tan profundos, a conseguir o coche ou a casa dos nosos soños, por exemplo.

Cada camiño percorrido para achar esa porta, trae consigo novas ensinanzas sobre nós mesmos, sobre aqueles que temos ó noso arredor (e que as veces nos acompañan nas nosas aventuras) e sobre o noso entorno. Estes laberitos que atopamos na vida son como os que se atopan Güenaela, Berenguea e Gan na novela, e cada atranco lles fala a cada un deles dunha maneira distinta segundo o que cada un necesita atopar, e cada un deles aprende, con cada nova aventura, algo novo de si mesmo e dos demáis. E todos e cada un dos pasos que dan os enriquecen como persoas. Así a vida se vai conformando nun aprendizaxe contínuo onde a solidariedade, o compañerismo e a xenerosidade son os ingredientes adecuados para conseguir o éxito na nosa busqueda interior.

Sabela González pon a Berenguela, a Güenaela e a Gan ante un enorme laberinto cheo de maxia e atrancos que os levará por un carreiro retorto ata atopar o que necesitan, O Feitizo de sangue, e para elo, a autora,  non dubida en poñelos a buscar a senda correcta incluso botando miguiñas de pan polo camiño, facendo deles pequenos pulgarciños desesperados por chegar ao fin, enfrontados a forzas grandes e poderosas, oscuras e tenebrosas que os fan parecer cada vez máis pequeniños ante a incrible mostra de recursos malignos que amosan ante eles. Así, as forzas do mal, que tamén están neses laberintos e que tamén teñen súas propias loitas (neste caso loitan  por conseguir poder, manipulación, explotación dos seus devanceiros), usan ferramentas como a violencia e o engano para chegar a acadar o Poder absoluto por medio da Bágoa de Lúa.

A autora abre a porta de novo os tempos pasados, para facernos entender as causas que levan ós malos malísimos a caer tan abaixo e perpetrar tanta maldade polo seu camiño, mais tamén engade novos persoaxes na novela, e con grande maestría, Sabela González fará que desconfiedes de todos e cada un deles, incluso pensaredes mal de persoaxes que xa tedes catalogados como "un dos bos", xa que a autora sabe deixar ocos nos seus comportamentos e nas súas formas de pensar, que vos fará dubidar deles en todo momento. E así, avanzaredes na lectura da novela, coa mosca detrás da orella todo o rato.

Unha lectura rápida, cunha acción un poco lenta no principio pero que ó final colle velocidade e te atrapa ata quedar de puntiñas ó bordo do acantilado, a piques de caer, e coa cabeza chea de dúbidas por resolver, e moitas ganas de mercar o seguinte volume e devoralo para  saber que vai pasar con Güela, Berenguela e Gan, con Willasmau e Daria, con Cátaba e Bunm, con Eglantea e Gunidar...un mar de dúbidas, un mar de dúbidas¡¡¡¡¡

Sabela, para cando o terceiro volume de As Crónicas de Landereina?¡¡




2 comentarios:

  1. Moitas grazas polas túas palabras :) Pois o terceiro está previsto que saia o ano que vén, e desta volta esperamos que non pase tanto tempo entre un e outro volume! E eu non me atrevería a tardar moito, que teño a uns cantos (meus pais incluídos, ehém) metendo presión :) Grazas de novo! :*

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a ti por facernos pasar bos intres coas tuas escrituras. Teremos que esperar entón ata o ano que ven¡¡ Un saúdo¡¡¡¡

      Eliminar