jueves, 15 de enero de 2015

Novidades da Editorial Galaxia


 Hoxe os traio una novidade da Editorial Galaxia, un libro do autor Xavier López López de título "Biff, Bang, Pow!

Título: Biff, Bang, Pow¡
 Autor: Xabier López López
Editorial: Galaxia
Ano: 2015
214 páxinas
Colección Costa Oeste
ISBN: 978-84-9865-579-7
P.V.P : 12,50€ IVE incluido





 ESTÁS PREPARADO PARA FACER UNHA VIAXE CHEA DE AVENTURAS AO LONDRES DOS ANOS SESENTA?




"Biff, Bang, Pow! foi publicada por primeira vez en 1997. Agora esta novela coñece unha edición renovada en Galaxia, na que  Londres, como o Ourense de A esmorga, é un protagonista máis; pero un Londres do que coñecemos as iconas dos doces anos sesenta do século pasado con todo o sue poder flora, os grupos de rock que rachaban con todo e a moda que ía acurtando o tamaño das saias ao tempo que agrandaba os desexos da mocidade. Mais esta obra de Xabier López López  que agora recuperamos é moito máis, porque é unha novela case negra que abeirada aos galegos da capital do fis and chips, vainos levar de viaxe, na compaña dun mozo galego alí emigrado, por unha historia de detectives, mulleres fatais e moita, moita diversión.

Xabier López López naceu en Betanzos en 1963 e é avogado. Escribiu libros para todos os públicos, dende literatura para adultos a relatos infantís. En Galaxia publicou "A estraña estrela", "A vida que nos mata", "Trinta e dous dentes", "Os libros prestados", "Cando Artur non era rei" e "Olimpia Ring,1934".

Entre os moitos premios literarios que atesoura, destacan o Risco de Literatura Fantástica, o Lueiro Rey de novela curta, o García Barros, o da Crítica Española, o Xerais e, en varias ocasións, o Fervenzas Literarias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario