domingo, 11 de enero de 2015

Fragmento de "A lus do candil" de Anxel Fole


"O meu cuarto tiña un teito moi outo.Enriba da porta había un gran montante de vidrios. Non sei coma olléi pra alí. Pegada ós vidros estaba unha cara horríbel, aterrecedora; a faciana máis abraiante que ninguén poda imaxinar. Era una faciana moura, de guechas longas, con pelas de terra barrenta nas meixelas. Era o home da cachava, que viña por min. Debía ser un xigante  pra chegar coa testa por riba da porta. As cuncas dos ollos tíñaas valeiras. Fora, falando co seréo, rían ás gargalladas.
¿Entraría?Sí; entraba...Todo o píor tíña que acontecer. Abríu a porta cunha chave. ¿Por qué non deixaría eu a chave na pechadura? A porta foi virando engordiño. Un home pasóu. Era un difunto que viña do cimenterio. Traguía habitelos de frade. As botinas i as maos tamén tiñan pelas de terra. Sentouse na cadeira ondia eu deixara a roupa..."

2 comentarios:

  1. Menuda sorpresa, ya no recordaba este libro. Me doy cuenta de que sin saber el motivo concreto, he dejado de leer en gallego,¡¡¡ qué verguenza!!! Tengo que volver a leerlo y desde luego volver a ponerme al día para escribir y hablar en nuestro idioma. Gracias Kericolo. Un saludo Vicky.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Vicky, gracias por vir, xa sabes o que tes que facer, seguro que atoparás libros marabillosos cos que pasar momentos sorprendentes.Un saúdo e un bico.

      Eliminar