Novidades da Editorial Galaxia

Ola¡¡ Aqui tedes outra novidade da Editorial Galaxia que ten unha moi boa pinta, animádevos¡¡

Titulo: A identidade fascinada.
Autor: Antonio Piñeiro.
Editorial Galaxia 2015, 164 páxinas
ISBN: 978-84-9865-606-0
P.V.P: 14 € Ive incluido



Editorial Galaxia tira do prelo A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro, unha novela híbrida, un ensaio novelado ou crónica dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo imcomparable: o da Compostela universitaria e sublime da década de 1980.

Santiago foi afectada, dende 1982 ata 1990, polos maiores incrementos demográficos da súa historia. Duplicábase a poboación durante o período lectivo universitario, mesturándose cunha combinación de traballadores, funcionarios autonómicos, persoal dunha ampla gama de servizos e das ramificacións político-administrativas. Durante eses anos, Santiago recibiu a ensurrada xeracional do baby boom. A poboación universitaria duplicouse tamén. De trinta mil a sesenta mil mozos. "Sesenta mil receptáculos, pisos, establecementos, transportes, servizos, comedores, cuartos, as vellas fondas víronse rebordadas. O paisano con paraugas encontrouse, de súpeto, enmarasmado na súa beirarrúa de sempre, estraño na cidade de sempre", polo que resulta fácil comprender o impacto, a transformación que semellantes cifras por si soas, supuxeron para a cidade, para o campus, para a propia comunidade universitaria e mesmo para toda Galicia.

Antonio Piñeiro achéganos a aquel tempo, aos cambios non soamente acontecidos na cidade senón ao que acabaría por confirmar o paso definitivo da transición política á democracia, simbolizado no atentado contra a discoteca Clangor. Con ese feito remata un libro no que relato, historia persoal e colectiva, ensaio e memoria dun tempo se combinan mediante un estilo literario vívido e eficaz, co que o autor actualiza os feitos e os ámbitos dunha década prodixiosa.

Antonio Piñeiro (Santa Uxía de Ribeira, 1962) publicou a novela As fiandeiras, coa que obtivo o Premio García Barros en 2011. É autor de  preto dunha vintena de títulos. Dende o verán de 2004, é o promotor das edicións Bourel, á vez que membro do movemento Barbantia, eixes sobre os que desenvolve a súa presenza cultural e literaria. A súa novela A dama fulxente foi Premio Avilés de Taramancos en 2011, co relato Boxcar Blues acadou o accesit do Premio Modesto R. Figueirido e, con A carreta, o Premio Valle Inclán de narración curta.

Comentarios

  1. Outro máis que teño que conseguir.!!!! Non sei como vou facer para leer tanto, jajajaj. gracias. Vicky

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández