"Os nenos da varíola" de María Solar

María Solar, lévanos ata 1803, ata A Coruña, e amósanos a organización dunha viaxe de vital importancia para toda a humanidade. Unha viaxe chea de perigos, de incertidume e tamén unha viaxe esperanzadora. Aqueles que a realizaron, son heróes porque coa súa valentía, levaron saúde por alí onde estiveron. A viaxe, remata en 1980, momento no que a varíola queda erradicada no mundo. Pero, pouco o nada se sabe daquelas persoas, que levaron a vacina dun lugar a outro, para conseguir sandar a aqueles que caían nas gadoupas desta terrible enfermidade. Ata a chegada dese intre, moitos perderon a vida por este mal. Gracias a investigación de María Solar, e a realización desta obra, moitos coñecemos a importancia que tivo Galicia no espallamento da vacina por América. Naqueles tempos, a xenerosidade e o altruísmo fixeron posible a superviviencia de moitas persoas, a supervivencia da humanidade,e o fixeron por amor ós sus semellantes e non pediron nada a cambio. Este, é un tema moi de actualidade ...