Día das Letras Galegas:"Labrego con algo de poeta" de Mercedes Queixas Zas

"Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño, 
e pídolle ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade."

Hoxe, Día das Letras Galegas achego aquí unha recensión do libro "Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María" de Mercedes Queixas Zas que publicou a Editorial Galaxia recentemente. Atopamos nesta ocasión unha biografía moi interesante sobre un dos escritores máis prolíficos da literatura galega de todos os tempos, Manuel María.

Moitos pensarán que ler biografias non ten nada de interesante, saber a vida dun famoso escritor non aporta nada dirán moitos, coñecer a vida dunha persoa a quen as cousas lle foron ben dadas na súa estancia na terra, non é así de simple. Moitas veces os itinerarios vitais dos personaxes das biografías foron ben porque naceron nun berce rico e o destino púxolles as cousas fáciles, pero a outros deses persoaxes as a vida estivo chea de atrancos, e os éxitos das súas existencias os conseguiron a forza de loitar contra todos e todo para poder medrar e batallaron polos seus ideáis ata acadálos. 

Penso que neste caso atopamos cun deses persoaxes loitadores e humildes que lograron deixar a súa pegada na terra e que foron e son exemplo de loita e tesón.Pero tamén hai que pensar que Manuel María, non loitou por ter éxitos persoais que lle fixeran medrar na vida, temos que pensar que este Señor loitou polos seus ideais, polos ideais de todo un pobo, o galego, e pola defensa do seu idioma e a súa cultura. Loitou para conseguir que os galegos de hoxe poideramos usar a nosa lingua, poideramos seguir escribindo os nosos sentimentos coas palabras que mellor nos saen la alma e que mellor falan de nós: o galego.

Facer unha recopilación de toda a información dunha persoa ten que ser un traballo moi laborioso, a súa vida persoal e a súa vida profesional, ambas son indispensables para coñecer quen era o home do que se está a falar. Supoño eu que a intención da autora desta biografía foi a de amosar ó público a repercusión de Manuel María para a lingua galega e a cultura galega.  Para conseguilo, hai que aportar algo máis a súa biografia, algo que diferencie o seu libro dos demáis e fagan que a narración da súa vida sexa interesante e adictiva. Mercedes Queixas logra facer un traballo brillante ao insertar ao longo de todo o libro non só opinións de Manuel María senón tamén retazos da súa obra onde se pode apreciar os sentimentos de Manuel María. Así veremos cales son os propósitos que Manuel María tivo en cada unha das súas etapas, as súas preocupacións e as súas influencias literarias e, as veces, teredes a sensación de que é o propio Manuel María quen as está a relatar. Mais tamén aporta  Mercedes Queixa na súa obra a demostración de que Manuel María foi tremendamente apreciado e recoñecido en toda Galicia pero tamén noutras partes do mundo, moitas foron as persoas e institucións que recoñeceron e apoiaron a este insigne autor na súa loita a favor das letras galegas e da nosa cultura. A autora da obra aporta aquí esa información a través de persoas que viviron con Manuel María, a nivel persoal e profesional que coñeceron a relevancia e que viviron con él esa parte da historia.

A min persoalmente resultoume unha obra moi útil para comprender a evolución e importancia de Manuel María, lin o libro o mesmo tempo que a súa antoloxía poética ("Manuel María. Antoloxía poética" de Dario Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela) e coas referencias desta obra de Mercedes Queixa, comprendín a perfección cómo e qué influenciaba a Manuel María en cada momento da súa obra poética, e fun capaz de ver os cambios na creación da súa obra gracias a esta biografía.

É esta unha biografía escrita pola man dunha persoa que coñece ben a obra do autor, que sabe da súa importancia para Galicia e os galegos, e que non pode evitar amosar admiración polo escritor e a súa obra. Lamentablemente para todos ésta é unha desas biografías que rematan coa morte do persoaxe, pero Mercedes, fainos comprender a todos que Manuel María non desaparece coa súa morte, senón todo o contrario, permanece no recordo e no corazón dos galegos, porque grazas ó seu traballo e o seu tesón hoxe o galego é un idioma utilizado por máis persoas e a cultura galega goza dunha excelente saúde gracias o traballo de xente como Manuel María que loitou para que o galego non caera no olvido, e que loitou contra todos aqueles que quixeron pasar por encima da lingua galega, dos galegos, e de Galicia e a nosa cultura.

De novo hoxe disfrutamos doutra xornada máis celebrando o noso idioma, a nosa literatura e os nosos autores e temos outros 365 días máis para coñecer a importancia e a obra dun autor como Manuel María e para comprender e coñecer un pouco máis dunha etapa da nosa historia e de profundizar máis na evolución da loita e defensa do galego o longo do tempo. Un traballo excelente de Mercedes Queixas e da Editorial Galaxia¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández