jueves, 9 de junio de 2016

"Pequenas historias" de Julia Fernández Rodríguez

Aqui achego este pequeno gran libro "Pequenas historias" de Julia Fernández Rodriguez, publicado fai un tempo pola Editorial Galaxia, e vos podo dicir que aínda que o título reza "Pequenas historias" atoparedes historias moi grandes e importantes para a vida dos vosos nenos e nenas.

Penso que a sociedade de hoxe en día está moi preocupada pola formación das mulleres e homes, moitas materias importantes, moitos datos para memorizar, moitas actividades que asimilar para poder aceder a postos de traballo cada vez máis cualificados e cada vez máis tecnificados, máis penso que a sociedade de hoxe en día, e as sociedades anteriores a nosa , olvidan os sentimentos dos seus traballadores, dos homes e mulleres que forman a sociedade. O resultado deste olvido forma un mundo con homes e mulleres que teñen moitos problemas para canalizar as súas emocións e para recoñecer como se senten. E cando un non sabe como se sente, tampouco sabe o que ten que facer para cambiar ese estado de ánimo, para exteriorizar os sentimentos positivos que fan que a vida sea moito mellor, e que saquen afora todas esas boas cualidades que teñen os seres humanos para enfrontarse as súas realidades.

Importante é que os profesionáis que traballan cos nenos se deran conta deste problema e que busquen a forma de crear ferramentas e camiños para que eses cativos sepan dicir como se senten, o que necesitan nun momento determinado. Ensinar a atopar as razóns que te levan a sentirte triste, ou asustado, e darte as ferramentas para saír dese lugar oscuro onde te podes atopar nun momento determinado é unha moi boa idea. E así, Julia Fernandez Rodríguez, creou este pequeno libro, e o fixo falando dende a súa propia experiencia, xa que Julia traballou en aulas hospitalarias con nenos, e esta experiencia permitiulle ver as dificultades que as veces os cativos teñen para expresar os seus sentimentos, e permitiulle tamén atopar eses camiños de comunicación para que poidan sacar fora toda esa negatividad, agresividad ou pesimismo ante duros problemas que se cruzan nos seus camiños.

Este é un libro que abre camiños a esperanza, a felicidade, a sinceridade e ante todo é un libro que vos aproxima a unha vida na que os sentimentos existen e afloran. Oito pequenas historias contadas por unha nena, delas sacaredes moitos temas dos que falar cos vosos fillos que pouco a pouco comprenderán como se senten e serán capaces de dicilo , para entre todos atopar a solución as súas dificultades. É un deses libros que axudarán a crear sociedade más aberta, mais sincera e moito máis saudábel.

Se queredes axudar os vosos nenos a ser mellores e a sentirse moito mellor, e a expresar os seus sentimentos e problemas, non teñades dúbidas, mercádeo e compartídeo porque deste libro só saen cousas boas¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario