Julia Fernández Rodríguez
Julia Fernández Rodríguez é profesora. Impartiu a súa docencia en diversos centros do Ensino Público, pasando por diferentes niveis de Primaria e ESO. Exerceu nos últimos dez anos o seu labor dentro da Pedagoxía Hospitalaria.
Sempre manifestou unha especial sensibilidade na Educación en Vaores (Educación Ambiental, Educación para o Consumo, Educación para a Saúde...), e na Educación Emocional (educación para aprender a ter o maior benestar posible a pesar das circunstancias difíciles polas que poidamos pasar, aprendendo a controlar a ira, a tristeza sen motivo, a ansiedade e o medo).
Dedicou gran parte do seu tempo a afondar neste terreo dentro da educación, como queda constancia polos numerosos cursos, congresos, seminarios, grupos de traballo..., aos que asistiu, coordinou ou dos que foi relatora, tanto dentro en Galicia como no Estado español; así como polos proxectos desenvolvidos nos Centros polos que pasou, algúns deles primeiros premios de Innovación Educativa. Tamén o demostran artigos que escriviu relacionados coa Educación en Valores e coa Educación Emocional. Un dos seus proxectos sobre a arte e as emoscións foi Premio CREARTE do Ministerio de Cultura do Estado Español.
Comentarios
Publicar un comentario