"O enigma de Caronte" de Carlos Vila Sexto

Rematei a lectura do libro "O enigma de Caronte" do escritor Carlos Vila Sexto. A Editorial Galaxia trouxo este libro recentemente as nosas librerías, pertence a colección Costa Oeste na se inclúen títulos para maiores de 14 anos.

Que vos podo contar deste libro? Primeiramente direi que resultoume moi atractivo, unha lectura engaiolante xa que o autor a través dos persoaxes e das súas pesquisas te leva dun lado a outro, fai que queras atopar ti a solución ós misterios antes que os propios actores desta obra, máis non o logras.

Atoparedes aquí un libro onde a amizade é un dos ingredientes principais da obra, todo xira aredor da amizade entre un grupo de amigos, cada un deles ben distinto, pero que xuntos forman un grupo inseparable. Un grupo unido gracias a Dani, o cativo que fai de conexión entre as moitas e distintas personalidades que cada neno trae consigo a esa pandilla.

Entre as temáticas que atoparedes polo medio do libro, ben mesturadas e que fará reflexionar os xoves, atoparedes a ambición desmesurada, as crísis dos asteleiros en Galicia, as recalificacións de terreos para facer grandes construccións en terreos catalogados como zonas ecolóxicas protexidas, as pérdidas dos seres queridos, as relacións familiares....seguro que aínda atoparedes máis cousas interesantes neste libro do que falar cos vosos mozos.

Recoméndovos esta novela para facer un agasallo agora que remata o curso. Eu agasallaría este libro sen pensalo dúas veces a calquera cativa ou cativo que estivera nese momento no que empezas a te mergullar na lectura. Se queres que o teu neno/a quede atrapado na lectura e se converta co tempo nun adulto lector, non teñades dúbidas, porque este libro é adictivo e moi divertido, fará que os nenos e nenas non deixen de ler nel xa que  o autor ten a capacidade de amosar as cousas tal como as vería un neno de doce ou trece anos. Sentiránse moi representados nalgúns dos problemas e pensamentos que estos cativos amosan o longo de toda a novela. Misterio e acción por todas partes, persoaxes bos e persoaxes moi malos e con moi malas intencións, un lugar fermoso onde pasar as vacacións, os primeiros amores e unha historia misteriosa que os leva cara ó pasado farán pasar intres moi bos os novos lectores. Se a esto engades tamén unha linguaxe de fácil comprensión, saltos na acción entre o pasado e o presente o resultado é  unha obra fantástica.

A min tróuxome a mente aqueles libros que cando eu tiña once ou doce anos lía todas as noites, tamén eran de un grupo de amigos...os famosos "Cinco" ou os "Siete secretos...." da escritora Enid Blyton, nesta novela atoparedes moitos dos ingredientes daqueles libros, un lugar agochado onde os nenos reúnense para falar das súas cousas e compartir segredos e confidencias, un lugar de veraneo, obxetos misteriosos con poderes máxicos, momentos de tensión, algo de drama tamén polo medio, momentos simpáticos entre os amigos inseparables,  persoaxes descoñecidos e novos no pobo que traen misterios nas súas maletas...todos os ingredientes para que eses nenos descubran a maravilla que se agocha tras dun libro e que fará que non deixen de ler nunca máis. Con este libro descubrirán que a lectura é un mundo novo onde podes aprender e desconectar por completo da vida diaria, un lugar onde reir e divertirse.Moi boa lectura.

Comentarios

  1. Ola! Escribo aquí porque Facebook non me deixa respostar. Moitísimas grazas por esta reseña tan fabulosa. Alégrome un montón de que disfrutases esta aventura en Cabo Lázaro, e de que che trouxera á memoria os libros de Enid Blyton: "O enigma de Caronte" era o meu humilde intento de recuperar o espírito daquelas novelas. Grazas por recomendalo e, sobre todo, por falar de libros e fomentar a lectura!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitisimas grazas a ti por escribir e ter a capacidade de facer pasar bos momentos a nosa xuventude e tamén ós adultos. Se o teu obxetivo foi traer a memoria aqueles libros, o acadaches¡¡, porque eles foron a semente que permitiu que moitos coma eu non deixaran de ler nunca, eu estoy segura de que co teu libro pasará o mesmo coa xuventude destes tempos. Un pracer dar a coñecer o teu libro e fomentar a lectura. Gracias por vir a visitarme o meu pequeniño blog. Un saúdo Carlos¡¡

      Eliminar
  2. Non vou confesar a miña idade, pero me encantaban aqueles libros cando era unha rapaza, pasaba as tardes enfrascada na lectura e o día seguinte no recreo comentaba coas amigas todo o que pasaba. Todas tiñamos unha opinión e tratabamos de inventar un final que nunca coincidía co do libro, por suposto. Así que a pesar de esa idade que non voy confesar, penso leelo, sobre todo porque estoy nunha etapa da miña vida que este tipo de lecturas son dunha gran axuda. Moitas gracias Kericolo. Vicky.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, pois si a lectura do libro vale para axudarte a desconectar, ale, dalle duro¡¡ Unha lectura especial, entretenida que seguro que te gusta. Eu gracias a lecturas coma esta, volvín tola a miña irmá, aficioneime a lectura e logo non paraba de pedirlle libros para leer un detrás doutro...Miña irmá volvíase toliña buscando libros para mi, meteume o vicio no corpo...bon vicio éste, que non? Saudos e bicos

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández